Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro) e a corrección de erros (DOG núm. 229, do 2 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, do persoal laboral
fixo da Xunta de Galicia
– Tribunal titular:
Presidencia:
María Mercedes Lanza Gándara, persoal funcionario do corpo especial de Inspección médica.
Secretaría:
Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
Luis González Taboada, persoal estatutario, médico de urxencias hospitalarias.
Silvia Reboredo García, persoal estatutario, farmacéuticos de atención primaria.
José Santalo Ríos, persoal estatutario, farmacéuticos de atención primaria.
– Tribunal suplente:
Presidencia:
Francisco Morán Losada, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.
Secretaría:
María José Valenzuela Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
Alberto López Suárez, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.
Cristina Maroñas Lorenzo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, subgrupo A1.
José Ramón Caeiro Rey, persoal estatutario, facultativo especialista da área de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, especialidade de traumatoloxía.