Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2020.

Expediente: 273/2020.

A Xunta de Goberno Local, con data do 5 de novembro de 2020, acordou:

1º. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2020 do Concello de Castroverde (Lugo), que comprende:

Praza de funcionario de carreira (acceso libre):

Grupo/subgrupo

Denominación

Clasificación

Sistema de selección

C

C1

Administrativo

Escala de Administración xeral

1

Oposición

2º. Facer pública esta oferta de emprego, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

3º. A praza de funcionario/a será obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo coas súas correspondentes bases e programas, e mediante extracto das ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castroverde, 6 de novembro de 2020

Xosé María Arias Fernández
Alcalde presidente