Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47349

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val, do concello de Castrelo do Val.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispoÑo:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Castrelo do Val.

Código: 32015682.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) «Plurilingüe de Castrelo do Val».

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) «Plurilingüe Raúl Fernández».

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade