Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47344

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 16 de novembro de 2020 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e pola Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

Os cambios de adscrición producidos nas consellerías competentes en materia de desenvolvemento rural, desenvolvemento mariño, economía e industria, emprego, educación e na competente en materia de fundacións e asociacións fan necesario substituír as persoas representantes das ditas consellerías.

Así mesmo, a entidade de representación das empresas de inserción máis representativa comunicou a modificación das súas persoas representantes no Consello da Economía Social de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Miguel Ángel Pérez Dubois como vogal titular en representación da consellería competente en materia de desenvolvemento rural, Juan Manuel Rodríguez Rodríguez como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de desenvolvemento mariño, Juan Manuel Cividanes Roger como vogal titular en representación da consellería competente en materia de economía e industria, Zeltia Lado Lago como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de economía e industria, Pablo Casal Espido como vogal titular en representación da consellería competente en materia de emprego, Mª Pilar García Otero como vogal titular en representación da consellería competente en materia de educación, Patricia Brión Cabanelas como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de educación, José Ramón Pardo Cabarcos como vogal titular en representación da consellería competente en materia de fundacións e asociacións, Miguel Fernández Blanco como vogal titular en representación das empresas de inserción e Carmen Avendaño Otero como vogal suplente en representación das empresas de inserción.

Segundo. Nomear a Inés Santé Riveira como vogal titular en representación da consellería competente en materia de desenvolvemento rural, María Otero Reboiras como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de desenvolvemento mariño, Fernando Guldrís Iglesias como vogal titular en representación da consellería competente en materia de economía e industria, Norberto Penedo Rey como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de economía e industria, José Ramón Pardo Cabarcos como vogal titular en representación da consellería competente en materia de emprego, José Luis Mira Lema como vogal titular en representación da consellería competente en materia de educación, Susana Castro Barral como vogal suplente en representación da consellería competente en materia de educación, Natalia Lobato Mosquera como vogal titular en representación da consellería competente en materia de fundacións e asociacións, María Isabel Fraga Castro como vogal titular en representación das empresas de inserción e a Miguel Fernández Blanco como vogal suplente en representación das empresas de inserción.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira de Emprego e Igualdade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade