Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir dúas prazas de oficial de policía, por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 185, do 3 de novembro de 2020, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir as dúas prazas de funcionario do Concello de Carballo, que a seguir se indican:

Dúas prazas de oficial de policía pertencentes á escala de administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, mediante o sistema de concurso de méritos, en quenda de mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Carballo, 9 de novembro de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde