Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores.

O artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sinala a obriga das persoas responsables (consonte o artigo 21.ter) de xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros no caso de redes de faixas secundarias. Neste sentido, a disposición adicional terceira determina as especies para os efectos de xestión da biomasa vexetal e ordenación das repoboacións forestais.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia así como o punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especias arbóreas, sinalan que «cando non puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, a mesma efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Instruídos os correspondentes procedementos de acordo co previsto na normativa aplicable, non foi posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan na táboa por causas non imputables a esta administración. En consecuencia, por medio deste anuncio comunícaselles a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas (sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril), para o cal son requiridas, concedéndolles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo para que leven a cabo as actuacións necesarias para o cumprimento das súas obrigas.

Expediente

Referencia catastral

Propietario/a

XB2/2020

4302204NJ7240S0001FW

Ricardo Fernández

XB3/2020

15077A033006020000UA

Hdos. Amable Alvariño Fontao

XB36/2020

4304205NJ72450001PW

Hdos. Josefa Fernández Díaz

XB7/2020

5313709NJ7251S0001JM

Hdos. María Castro Pazos

San Sadurniño, 13 de novembro de 2020

Secundino García Casal
Alcalde