Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47356

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2020, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 2 de xuño de 2020, publicouse a Resolución conxunta do 18 de maio de 2020, pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

No punto cuarto da resolución fíxase unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Neste mesmo punto cuarto establécese que os servizos que resulten excedentes dunha convocatoria, ou aqueles provenientes da prórroga de contratos ou nova contratación de servizos por parte do Igape, poderán ser reasignados a convocatorias posteriores, mediante modificación publicada no Diario Oficial de Galicia. Así se fixo mediante a Resolución do 22 de setembro, publicada no DOG do 6 de outubro de 2020, no que se modificou o número de servizos ofertados na convocatoria 2020.2.

A resolución da convocatoria 2020.2 (DOG do 13 de novembro de 2020) deixou un excedente de 185 servizos, polo que procede a súa reasignación ás convocatorias 2020.3 e 2020.4 co fin de poder executar o programa na súa totalidade.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que temos conferidas,

RESOLVEMOS:

Artigo 1

Modificar a distribución de servizos para as convocatorias 2020.3 e 2020.4, prevista no punto cuarto da Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A), que quedaría configurada do seguinte xeito:

Tipo de servizo

Convocatoria 2020.3

Convocatoria 2020.4

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

11

26

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

6

55

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo e Ourense)

4

12

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

14

15

Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal

6

13

Análise do cumprimento normativo e os riscos legais

9

5

Mellora da xestión financeira e procura de financiamento

14

18

Optimización da produción e cadea loxística

12

10

Asesoramento para o relanzamento comercial

9

16

Preparación de procesos certificables

17

12

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

7

16

Protección da innovación

6

33

Asesoramento para o financiamento da innovación

13

36

Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa

5

11

Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme

1

49

Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade

3

14

Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme

1

17

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez

Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia