Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de agosto de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Puerto de Celeiro, S.A. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Puerto de Celeiro, S.A. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro para a construción e explotación dunha nave para cámaras frigoríficas (expediente 14-07-02-C-1).

O día 17.6.2020 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Puerto de Celeiro, S.A. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro para a construción e explotación de nave para cámaras frigoríficas, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de agosto de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte