Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47668

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 760/2019).

Demandante: Mabel Soñora Oliveira

Graduado social: Juan Manuel Barral Alfonso

Demandados: Fogasa, Feria Gallega del Marisco, S. L., Luis Padín Parada, José Carlos Parada Cao

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mabel Soñora Oliveira contra Feria Gallega del Marisco, S.L., Luis Padín Parada, Fogasa e José Carlos Parada Cao, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 760/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Luis Padín Parada, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 11 de febreiro de 2021, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 6, edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Luis Padín Parada, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 11 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza