Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio dos trámites de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID19, para efectuar a referida comparecencia deberase concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 17 de novembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona concentración

34914167-Y

Trámite de audiencia

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

García Gómez, Celso

Trámite de audiencia

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

34956523-L

Trámite de audiencia

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

34997391-Q

Trámite de audiencia

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)

76702740-V

Trámite de audiencia

A Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense)