Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47578

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 7 da Resolución do 25 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de setembro de 2020, polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (DOG núm. 201, do 5.10.2020), esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza