Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47630

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de novembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Ademais, o tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita. Para estes efectos, no Acordo do 9 de outubro de 2020 do tribunal, polo que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia, estableceuse que «cada un dos temas desenvolvidos pola persoa opositora se cualificará de 0 a 10 puntos, e para superar cada un deles é preciso obter un mínimo de 4 puntos. Ademais, a suma das puntuacións dos dous temas terá que ser igual ou superior a 10 puntos para considerar superado o exercicio» e «superarán o terceiro exercicio as persoas convocadas que, logo da valoración segundo o indicado nos apartados anteriores, sumadas as puntuacións parciais de cada tema e superada a puntuación mínima en cada un deles, segundo o punto 1, acaden unha cualificación final do exercicio igual ou superior a 10 puntos».

Segundo. Realizada a corrección do terceiro exercicio en sesión do 20 de novembro de 2020 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 10 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, pola quenda de acceso libre e pola quenda de promoción interna, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. Declarar todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizar o cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal