Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2018/0219-4).

Ao non ter atopado nos enderezos coñecidos por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e o reinicio da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia do auto de sobresemento firme ditado polo Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, ditado no procedemento número 1399/2017, polo accidente laboral do traballador Eduardo Tierra Fernández.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (2.8.2018).

• Copia do auto xudicial.

Expediente: RL 2018/0219-4.

Acta: I362018000051196.

Empresa: Estibadora Gallega, S.A.

NIF: A36642338.

Enderezo: peirao do Areal, 1; Vigo.

Vigo, 19 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica