Paula Grela Martínez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, mediante o presente edicto anuncio que no procedemento ORD 244/2016 ditou sentenza, con data do 24 de xullo de 2019, a nº 84/2019, a maxistrada Elena Isabel Moreira Lantes.
Esta sentenza está á disposición das partes, na Secretaría deste xulgado.
E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ás demandadas María Genma López Fondo e María del Carmen Fondo Rodríguez, das cales se ignora o paradoiro, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes, oito de outubro de dous mil vinte. Dou fe.
A letrada da Administración de xustiza