Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de novembro de 2020, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 9-D no dominio público portuario de Muros.

Ao quedar dispoñible no porto de Muros o departamento número 9-D, no dominio público portuario de Muros, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro do ente público empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero, en todo caso, deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 18 de novembro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia