Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de notificación de incoación de expediente de exclusión de listas de selección temporal.

Para que sirva de notificación a Joao Carlos Amorín da Silva, ao non ter sido posible practicar esta

no último domicilio coñecido do interesado e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que, por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 1 de xuño de 2020, se iniciou un procedemento administrativo de exclusión de listas de selección temporal na categoría de enfermeiro/a.

O texto íntegro do acordo de incoación así como a documentación que figura no expediente encóntrase á disposición do interesado nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para formular sobre o contido do acordo de iniciación, as alegacións que xulgue convenientes.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos