Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47834

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (493/2018-F).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 493/2018-F, seguido por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Origa Ingeniería, S.L., en situación de rebeldía procesual, se ditou Sentenza do 7.11.2019.

E ao estar Origa Ingeniería, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a dita resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

A Coruña, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza