Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de novembro do 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Canabal II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Canabal II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito de data do 11 de novembro do 2020, Ramón Rodríguez Malvido solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Canabal II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, de 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Ramón Rodríguez Malvido (***8032**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Canabal II.

Situación:

Cuadrícula nº: 45.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.9.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Rodríguez Martínez (falecido) e Ramón Rodríguez Malvido (***8032**).

Novo titular: Ramón Rodríguez Malvido (***8032**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2)meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de novembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo