Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47829

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 17 de novembro de 2020 pola que se convoca para vinculación temporal a cobertura de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (integrado na actualidade en ADOS).

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 240, do venres 27 de novembro de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 46980, onde di: «a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde», debe dicir: «a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde».