Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecidos os propietarios do predios que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2020/186-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias, deben solicitar cita previa a través del teléfono 986 80 52 48.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 19 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, artigo 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro

ANEXO

Localización

Referencia catastral

Municipio

Braña

36002A203000900000AF

Barro

A Balada

36002A325000800000BU

Barro