Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47740

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora da calidade da auga proporcionada por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU232A).

O 21.7.2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8.7.2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora da calidade da auga proporcionada por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU232A).

A Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas ás comunidades de usuarios beneficiarias.

Segundo o recollido na Resolución do 8.7.2020, citada, deben publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6558 (transferencias de capital a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto nos artigos 13 e 24 da Resolución do 8.7.2020, xa citada,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8.7.2020

Comunidade de usuarios solicitante

Importe da axuda

CU Mina do Ferreiro

3.116,96 €

CU de Campo do Monte-Santa Marta

11.209,44 €

CU de Saxosa

13.647,94 €

CU de Balteiro

9.038,93 €

CU de Augas da Riña

5.045,92 €

CU de Samuelle

11.385,34 €

CU de San Jorge

3.116,96 €

CU Traída de Augas de Castro Barreiro

3.116,96 €

CU de Burgueira

9.520,67 €

CU de Buchabade

12.649,32 €

CU Os Castros

5.814,00 €

CU Traída de Augas de Veiga de Chan

9.556,10 €

CU de Pazo-Barrantes

10.589,42 €

CU de Carballal-Fixos

4.280,09 €

CU de Campos

7.496,12 €

CU de Naia, Sabaxáns e Cortellas

5.043,38 €

CU de Luneda Sardiñeda

11.563,00 €

CU de Fonteliña

3.854,00 €

CU de Solvado

9.024,76 €

CU de A Revolta

15.000,00 €

CU de Fonte do Can

7.620,20 €

CU de Condide

6.058,34 €

CU Rotea-Camos

12.020,16 €

CU Os Picóns

8.484,52 €

CU de Forcadela-Tomiño

15.000,00 €

CU de O Barro, Rexidouro e Lameira

14.905,75 €

CU de Atios

11.098,39 €

CU de Estas

5.609,56 €

CU San Jorge de Mosende

15.000,00 €

CU Río das Cabras

10.725,30 €

CU de Erbecedo

7.844,26 €

CU de Cedeira

15.000,00 €

CU dos barrios das Rozas e Granxa

15.000,00 €

CU de Quintela

15.000,00 €

CU de Casal, Casalmorte e Roublín

8.848,99 €

CU Santa Mariña de Sela

7.123,18 €

CU de San Andrés de Figueirido

12.873,62 €

CU de Pinzas-Tomiño

14.982,24 €

CU Traida de Augas de Pepito

11.535,81 €

CU de Bouzón-Piñeiro

14.337,29 €

CU de A Picoña

11.403,91 €

CU de Areeiros

9.828,74 €

CU de Pombal e Pantaño

15.000,00 €

CU de Vilamean

12.383,58 €

CU de Chaín

6.477,24 €

CU de Sta. Mariña da Insua

11.932,53 €

CU de Cumiar

10.154,58 €

CU de Mourelle-Gargamala

14.924,06 €

CU de A Magdalena

13.352,12 €

CU de Augas de Pedornes

15.000,00 €

CU de Pazos-Chan

11.480,48 €

CU de Sobrado

10.047,94 €

CU de Paraños

6.834,08 €

CU de Trabazo

3.257,32 €