Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 47998

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A) (Diario Oficial de Galicia número 173, do 27 de agosto).

Advertido un erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 30 de novembro de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 47113, onde di:

«1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como “nova industria” na Axenda de competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento legalmente constituído, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución».

Debe dicir:

«1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como “nova industria” na Axenda de competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución».