Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48018

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, faise preciso incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (DOG número 68, do 9 de abril), e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base 4.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que segundo a base 4.6 da convocatoria son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), a persoa aspirante no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83 para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá de realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

4.1. Accederá ao seu expediente electrónico.

4.2. A persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

4.3. De elixir a opción «Renuncia» deberaa de presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá do seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do grupo ao cal accede.

4.4. De elixir a opción «Solicitude de excedencia» deberaa de presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia.

4.5. A continuación, a persoa aspirante procederá a seleccionar, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

Quinto. As persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo a orde de publicación destes e o número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Sexto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. O que deberán de manifestar por medios electrónicos e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, con esta solicitude deberá achegar unha copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados debidamente asinada.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo a orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Nº de orde elección

DNI

Apelidos e nome

1

***1702**

Barcia Rodríguez, Daniel

2

***9010**

Álvarez Gutiérrez, Jorge

3

***7835**

Abril Álvarez, Beatriz

4

***0877**

Orozco Garrote, Ángel

5

***9009**

Pulido Barba, Camilo

6

***8396**

Roca Lemos, Félix

7

***1601**

Alende Quiñoy, Gonzalo

8

***6389**

García García, Débora

9

***5924**

Ballón Cué, Ángel

10

***5910**

Bispo Torres, Kamakshi-Shantia

11

***9252**

Sastre Quintela, Patricia

12

***4768**

Martínez González, Óscar Antonio

13

***7575**

López González, Adrián

14

***1469**

Taboada Díaz, Laura Manuela

15

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

16

***3661**

Vizoso Marcos, Sofía

17

***0884**

Blasco López, Antón

18

***4951**

Dans García, Fernando

19

***7518**

López Gómez, Valeria

20

***3559**

Porto Armesto, Juan José

21

***4565**

Rivera Miras, Lucía

22

***3030**

Santos Sánchez, Adrián

23

***0111**

Perezzán Menor, Rodrigo

24

***7500**

Rodríguez Álvarez, Clara

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

Observacións

1

ED1010000015770010

Subalterno/a

ED

Gabinete conselleiro/a

Gabinete conselleiro/a

Santiago de Compostela

AP

10

 

2

ED6010000015770011

Subalterno/a

ED

D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Santiago de Compostela

AP

10

 

3

PRC991000015001146

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

4

EDC991000032001024

Subalterno/a

ED

Xefatura Territorial Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

 

5

EDC991000036001030

Subalterno/a

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

 

6

EDC994020115350006

Subalterno/a

ED

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

Horario especial

7

EDC994020132001004

Subalterno/a

ED

IES 12 de Outubro (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

Horario especial

8

EDC994020315350009

Subalterno/a

ED

IES Ferrolterra (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

Horario especial

9

EDC994030115350005

Subalterno/a

ED

IES Sofía Casanova (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

AP

10

Horario especial

10

EDC994030127300006

Subalterno/a

ED

IES Río Cabe (Monforte de Lemos)

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

AP

10

Horario especial

11

EDC994030136560009

Subalterno/a

ED

IES Castelao (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

Horario especial

12

EDC994030215001010

Subalterno/a

ED

IES Eusebio da Guarda (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial

13

EDC994030215001012

Subalterno/a

ED

IES Eusebio da Guarda (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial

14

EDC994030336001006

Subalterno/a

ED

IES A Xunqueira I (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

Horario especial

15

EDC994030336560009

Subalterno/a

ED

IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

Horario especial

16

EDC994030436560011

Subalterno/a

ED

IES Santa Irene (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

Horario especial

17

EDC994030536001004

Subalterno/a

ED

IES. Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

Horario especial

18

EDC994030815001006

Subalterno/a

ED

IES Monte das Moas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial

19

EDC994030836560005

Subalterno/a

ED

IES República O. do Uruguay (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

Horario especial

20

IVA191000032001040

Subalterno/a

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Ourense

AP

10

 

21

PEC020000015770066

Subalterno/a

PE

S. X. Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

22

PSC991000015001145

Subalterno/a

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

23

EDC994030232001011

Subalterno/a

ED

IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

Horario especial

24

EDC994020136440006

Subalterno/a

ED

IES Pedro Floriani (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

AP

10

Horario especial

25

EDC994020227300006

Subalterno/a

ED

IES A Pinguela (Monforte de Lemos)

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

AP

10

Horario especial

26

IVC020000015770054

Subalterno/a

IV

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

27

EDC994040336560005

Subalterno/a

ED

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

Horario especial

28

PRC991000015001147

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

29

MAA010000015770021

Subalterno/a

IV

Secretaría Xeral

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

AP

10

 

30

PEC020000015770067

Subalterno/a

PE

S. X. Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

 

31

PRO100000015770025

Subalterno/a

PR

Escola Galega de Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública

Santiago de Compostela

AP

10

 

32

PX4991000015001021

Subalterno/a

PX

Secretaría Xeral para o Deporte - Servizos periféricos (A Coruña)

Secretaría Xeral para o Deporte-Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

 

33

PSC991000015001148

Subalterno/a

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10