Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de postos vacantes de policía local en comisión de servizos.

O Concello de Redondela convoca un proceso selectivo para o nomeamento de policías locais en comisión de servizos, en caso de urxente e inaprazable necesidade, cando un posto de traballo desta categoría quede vacante.

O texto íntegro dos criterios desta convocatoria publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 219, do 12 de novembro de 2020, na sede electrónica, na páxina web (www.redondela.gal, na parte de Emprego Público, persoal funcionario) e no taboleiro de anuncios do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Redondela, 12 de novembro de 2020

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa