Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 297/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 297/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Alonso Hermida contra a Área de Transporte y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., foi ditada sentenza no 5.10.2020, número 169/2020, declarando a improcedencia do despedimento con dereito de opción da parte demandada. Contra a sentenza cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

O contido íntegro da resolución está ao dispor da parte demandada neste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma á Área de Transporte y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza