Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48187

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (361/2020).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento 361/2020 por precario, seguido no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela por instancia de María del Mar Fernández Sotelo fronte a Rogelio Jesús Zulueta Estrada e demais descoñecidos ocupantes da vivenda arrendada pola demandante, se ditou sentenza o 4.11.2020, contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de vinte días hábiles seguintes ao da súa notificación.

O texto íntegro da sentenza encóntrase no xulgado á disposición de Rogelio Jesús Zulueta Estrada e demais descoñecidos ocupantes da vivenda arrendada pola demandante.

Expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza