Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 39/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 39/2018 por instancia de Martín Díaz López contra Segur Ibérica, S.A., e outros sobre PO, nos que recaeu sentenza, con data do 10 de novembro de 2020, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Martín Díaz López fronte á empresa Segur Ibérica, S.A., o seu administrador concursal Julio Ichaso Urrea, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Segur Ibérica, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de mil cento noventa e oito euros con trece céntimos de euro (1.198,13 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, e vinculando estes ao seu administrador concursal Julio Ichaso Urrea.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, no seu caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse o mesmo neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Segur Ibérica, S.A. expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza