Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO das bases xerais da convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as prazas incluídas na oferta de emprego público de 2019 e as bases específicas correspondentes ás prazas de técnico de xestión e técnico de cultura.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 211, do 2 de novembro de 2020, publícaronse integramente as bases xerais que regularán os aspectos comúns aos procesos selectivos para a cobertura por funcionarios de carreira das prazas incluidas na oferta de emprego público 2019 (BOPPO núm. 219, do 14 de novembro) e as bases específicas correspondentes ás prazas de técnico/a de xestión e técnico/a de cultura.

O prazo de presentación de instancias de solicitude para tomar parte na respectiva proba selectiv, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente