Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social foi pronunciada Resolución do 16 de novembro de 2020, dirixida a Construcciones Essai Galicia, S.L., contra a cal non se pode interpor recurso ningún. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Essai Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña,16 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza