Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de arquitecto.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 205, do 1 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un arquitecto como funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Valdoviño, 1 de decembro de 2020

Alberto González Fernández
Alcalde