Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000046981 e tres máis).

De conformidade co dispuesto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos das emendas das solicitudes ditados nos procedementos instados polas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez días contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

Advírtese que estes requirimentos outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez días a contar desde o día seguinte á súa notificación para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, se lle teráselle por desistido da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivo do expediente previa resolución ditada nos termos do art. 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 6 de outubro de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/procedemento BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000046981

14956690C

Requirimento documentación

26.4.2020

LU-0000049301

33680053A

Requirimento documentación

2.5.2020

LU-0000049627

78599411Q

Requirimento documentación

12.5.2020

LU-0000045081

34272251C

Requirimento documentación

13.5.2020