Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48423

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade dos acordos adoptados polo tribunal o 23 de novembro de 2020.

En sesión que tivo lugar o día 23 de novembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, en que se establece que este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos, superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 20 puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas no cuarto exercicio polas persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Para estes efectos, publícanse dúas relacións: por unha banda, publícanse as puntuacións das persoas que superaron o cuarto exercicio por orde de maior a menor e, pola outra, publícase a relación das persoas que superaron o terceiro exercicio ordenadas de xeito alfabético coas diferentes cualificacións obtidas no cuarto exercicio.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.1.5 da convocatoria, os aspirantes que superaron o cuarto exercicio teñen acreditado estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Polo tanto, non procede a realización do quinto exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, os acordos adoptados polo tribunal e que se fan públicos mediante esta resolución poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal