Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48432

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (F02 1268/2019).

Familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matrimonial non consensuado 1268/2019

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Cinda Nely Bautista Ramírez

Procurador: Óscar Pérez Goris

Avogado: Francisco Javier Seijo Iglesias

Demandado: Freddy Cueto Loaiza

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza número 338/2020

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal número 1268/2019 promovido polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Cinda Nely Bautista Ramírez, maior de idade, asistida do letrado Sr. Seijo Iglesias, fronte a Freddy Cueto Loaiza, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal.

...

Decido que, estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal deducida polo procurador Sr. Pérez Goris, en nome e representación de Cinda Nely Bautista Ramírez, maior de idade, asistida do letrado Sr. Seijo Iglesias, fronte a Freddy Cueto Loaiza, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, procede acordar:

1º. A atribución á demandante do exercicio exclusivo da patria potestade sobre a menor ata a maioría de idade da filla común en cuestións médicas, sanitarias, educativas, incluídas excursións e campamentos, saídas de territorio estatal, renovación do pasaporte e DNI, cambios de domicilio e empadroamento e demais cuestións análogas.

2º. A atribución á demandante da garda e custodia sobre a menor.

3º. O recoñecemento ao demandado do réxime de estadías e comunicación descrito na demanda.

4º. A fixación a cargo do demandado a favor da menor dunha pensión de alimentos de 200 euros/mes, que se pagarán por adiantado, dentro dos cinco primeiros días de cada mes mediante ingreso na conta bancaria que designe a miña representada, e que se actualizará anualmente a partir do mes de xaneiro do ano seguinte á sentenza, de conformidade coas variacións porcentuais que experimente o índice de prezos de consumo que elabore o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

5º. Os gastos extraordinarios, entendéndose como tales os gastos médicos, sanitarios e educativos, material escolar, libros e matrícula, así como todas as actividades extraescolares, deportivas ou lúdicas a que acuda a menor, serán sufragados por ambas as partes por metade.

Cando se prevexa realizar un gasto de anómala contía, deberá anticiparse ao proxenitor non custodio a necesidade de realizar o gasto e o seu orzamento (salvo supostos de urxencia). Se non se obtivese a conformidade explícita, deberá acudirse ao xulgado para que se ditamine sobre o carácter do gasto e, no seu caso, a obriga dos proxenitores de sufragalo na porcentaxe establecida.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as costas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 ss. e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPJ.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Freddy Cueto Loaiza, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación a través da súa publicación no boletín oficial.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza