Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 49/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 49/2020

Procedemento orixe: DOI despedimento obxectivo individual 162/2018

Sobre despedimento

Demandante: María Ángeles Castaño Dopazo

Graduada social: Laura Prieto Curras

Demandados: Fogasa, Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L.

avogado: letrado do Fogasa

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 49/2020 deste xulgado foi ditado Decreto de insolvencia do 19 de novembro de 2020 contra o cal se pode interpor recurso de revisión no prazo de tres días.

Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L. expido este edicto.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza