A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00545-O-2020 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmanselles de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.
Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Ourense, 26 de novembro de 2020
Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
OU-00545-O-2020 PO-5903-AG |
71449755W |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante 8.3.2020; 17.48.00; A-52; saída 120,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
OU-00848-O-2020 7564-HFJ |
35638175C |
Exceso de peso superior ao 5 %. 13.10.2020; 17.51.00; A-52; 247,0 |
Artigo 142.2 da LOTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT |
301 euros |


