Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48694

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020 pola que se resolve o concurso de traslados 1/2020 para a provisión de postos vacantes (grupo II, categoría 27/grupo III, categoría 30).

O 17 de xullo de 2020 foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 142, anuncio no que se convoca o concurso de traslados 1/2020, do persoal do Cixtec para a provisión das prazas de xefe de Unidade de Informática da Xefatura Territorial de Lugo e de xefe de Unidade de Informática da Xefatura Territorial da Coruña (grupo II, categoría 27/grupo III, categoría 30).

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, o director do Cixtec, á vista da proposta feita pola Comisión de Valoración constituída para o efecto, ditou resolución que se publicou no taboleiro de anuncios, na que figurou a relación de admitidos e excluídos.

Rematado o prazo de presentación de instancias, presentáronse os seguintes candidatos:

1. Praza de xefe de unidade (Lugo).

Apelidos

Nome

Otero Vázquez

Miguel Ángel

2. Praza de xefe de unidade (A Coruña).

Apelidos

Nome

Chouciño Garrido

Enrique Antón

Recibidas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de admitidos e excluídos, resultaron excluídos os dous candidatos presentados por non cumprir os requirimentos da convocatoria (pertenza ao grupo e categoría profesional exixida).

Dentro do prazo conferido non se recibiu ningún escrito de alegación ás listas provisionais.

Unha vez vistas as solicitudes achegadas, e en virtude do establecido no artigo 7.2.f) do Decreto 361/1998, de 4 de setembro, que establece como competencias do director do Cixtec, entre outras, a de exercer a dirección administrativa e de persoal,

RESOLVO:

Declarar deserto o concurso de traslados 1/2020, tanto para a praza de xefe de Unidade de Informática da Delegación Territorial de Lugo, como para a praza de xefe de Unidade de Informática da Delegación Territorial da Coruña.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente recurso de reposición, ou ben acudir directamente, no prazo de 2 meses, á vía xurisdicional social segundo o disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, de 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (redacción dada pola disposición derradeira terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

Víctor Coladas Bilbao
Director do Centro Informático para a Xestión Triburaria,
Económico-Financeira e Contable