Advertido erro no citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 218, do 29 de outubro de 2020, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Engadir, na convocatoria e para o posto de supervisor/a de atención ao doente, o anexo I B omitido, onde se relacionan as funcións específicas do citado posto.
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes en 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020
Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza


