Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48906

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro) e correccións de erros (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2020 e DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía,
de Administración especial da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo A1

– Tribunal titular:

Presidencia:

José Emilio Oti Cabanelas, funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Secretaría:

Francisco Morán Losada, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.

Vogais:

Carmen Casal Llorente, persoal estatutario, farmacéutica de atención primaria.

Cristina Maroñas Lorenzo, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Óscar Porto Varela, escala técnica de xestión de organismos autónomos, especialidade sanidade e consumo.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Modesto Rouco Vilar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

José Santalo Rios, persoal estatutario, farmacéutico de atención primaria.

Noela Carrera Pérez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.

Jorge García Couto, persoal estatutario, grupo técnico da función administrativa.