Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48939

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 1 de decembro de 2020 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría, fai público que pola Resolución do 1 de decembro de 2020 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

– Profesor axudante doutor: 25 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da Universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente