Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48996

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo do Val

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de auxiliar administrativo (OEP 2020), por quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 264, do 17 de novembro de 2020, publicáronse as bases para a cobertura por quenda libre e por persoal funcionario de carreira dunha vacante de auxiliar administrativo (OEP 2020).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de novembro de 2020, convocouse proceso selectivo para a cobertura por quenda libre da praza vacante da OEP de 2020 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar administrativo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceden de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Castrelo do Val, 20 de novembro de 2020

Vicente Gómez García
Alcalde