Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49068

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020, de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q) o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 19 de novembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, a dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 19 de novembro de 2020, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea no ano 2020 e na páxina web http://xuventude.xunta.es.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 19 de novembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre estas, a cal poderá darlles o destino que xulgue oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios e axudas para a fase final da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude crea no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No seus artígos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderanse outorgar mencións de honra que carecerán de dotación económica.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de artes plásticas asinou as actas nas que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a lista de participantes que non obtiveron premio.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 22 de xuño de 2020; DOG núm. 135, do 8 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas gañadoras

Especialidade de artes plásticas (modalidade escultura e pintura)

Programa Xuventude Crea 2020

1º premio 3.000 €

Nº exp.

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe do premio

BS310Q 2020/289-0

Adriana Brantuas Arijón

***7497**

Semper

A memoria do baleiro

3.000 €

2º premio 1.500 €

Nº exp.

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe do premio

BS310Q 2020/294-0

María del Mar Ramón Soriano

***6090**

Charcutería Manolo

Desnudo, juego de bólos

1.500 €

3º premio 1.000 €

Nº exp.

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

Importe do premio

BS310Q 2020/313-0

María López Quiroga

***5930**

Neutralita

Atlas da xeografía cognitiva

500 €

BS310Q 2020/050-0

Sara Piñeiro Fernández

***5430**

Acusmática

Pandermia (serie magma, simulacións do corpo ubicuo)

500 €

Mención de honra

Nº exp.

Nome

DNI

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/151-0

Lois Anxo Cid García

***7488**

Seixo

Pedra universal

ANEXO II

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio

Especialidade de artes plásticas (modalidade escultura e pintura)

Programa Xuventude Crea 2020

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2020/005-0

Liselotte de Sousa Rangel

***3374**

Fragile Nº 5

BS310Q 2020/007-0

Sofía Muñiz Somoza

***9169**

Acromática

BS310Q 2020/017-0

Andrés Rivas Rodís

***0094**

A.R.R.

BS310Q 2020/022-0

Stella del Carm Misa Martínez

***1975**

Stella M.M

BS310Q 2020/026-0

Patricia Negreira Cousillas

***5248**

Patiño

BS310Q 2020/036-0

Lorenzo Guillamón Nieto

***9662**

Muga

BS310Q 2020/037-0

Sandra López Díaz

***4720**

Sandra Lodi

BS310Q 2020/043-0

Marcos Fernández Cea

***9654**

Maz

BS310Q 2020/049-0

Martín Rosende Piñeiro

***9182**

Elefante Surfista

BS310Q 2020/051-0

Miguel Tierra Rodríguez

***7598**

Garnacho

BS310Q 2020/053-0

Antía Iglesias Fernández

***2074**

Mandrágora

BS310Q 2020/083-0

Ismael Pérez Fernández

***0121**

Isma

BS310Q 2020/085-0

Julia Amigo López Abente

***2681**

Pincho

BS310Q 2020/101-0

Yuri Salgado Álvarez

***9180**

Astra

BS310Q 2020/102-0

Alejandra Pardo Martínez

***6065**

Lume

BS310Q 2020/108-0

Daniela Furelos Fontela

***2890**

Pranah

BS310Q 2020/118-0

Ángela Pereiro Araújo

***4042**

Lenny

BS310Q 2020/125-0

Beltaine Barcaza García

***9186**

Ceibe

BS310Q 2020/142-0

Alva Vidal Capón

***0937**

Gala

BS310Q 2020/159-0

Roque Piñeiro Vieira

***3123**

Roquekes

BS310Q 2020/162-0

Loyola Silva Fernández

***9323**

Atenea

BS310Q 2020/169-0

Sandra Rozadas Sola

***6304**

Torboada

BS310Q 2020/171-0

Coral Hermo Calvo

***5303**

Chc

BS310Q 2020/186-0

Beatriz María Santos Gestido

***1511**

Ilduara

BS310Q 2020/187-0

Iris Rodríguez Justo

***4763**

Roibén

BS310Q 2020/195-0

Nerea Covelo Juste

***6364**

Chusti

BS310Q 2020/196-0

Inés María Carballido Díaz

***9889**

Ramsen

BS310Q 2020/213-0

Lorena Couto Rey

***0523**

Orballo

BS310Q 2020/220-0

Pedro Aarón Álvarez Pérez

***9587**

Orde

BS310Q 2020/224-0

Nadia Otero Barreiro

***1766**

Nob

BS310Q 2020/227-0

Paula Andrea Lame Ortiz

***1005**

Pa

BS310Q 2020/230-0

Cecilia López Prego

***8478**

Lemanja

BS310Q 2020/233-0

Rebeca López Villar

***6064**

A Chamuscada

BS310Q 2020/241-0

Alejandro Sánchez Núñez

***5990**

Ouro

BS310Q 2020/245-0

Laura Iglesias Bernabe

***7694**

Daphne

BS310Q 2020/300-0

Pablo del Valle Prieto

***5428**

Lemagic

BS310Q 2020/301-0

Emma Romero Quinteiro

***61654**

Eme

BS310Q 2020/303-0

Carlota Cobas Belso

***5021**

Shotflowers

BS310Q 2020/341-0

Amaya Vicente Pérez

***8158**

Maia

BS310Q 2020/004-0

Sergio Pazos Maneiro

***8859**

Toxo Salvaxe

BS310Q 2020/070-0

Andrea Mosquera Guerrero

***6241**

Árbora

BS310Q 2020/103-0

Igor Francos Golán

***7347**

Curuxo

BS310Q 2020/111-0

Blanca Nieves Loures Miranda

***7378**

Canitos

BS310Q 2020/132-0

Jonatan Blanco Pensado

***0730**

Jonan

BS310Q 2020/134-0

Juan Jesús Costa Cepeda

***8939**

Cepeda

BS310Q 2020/140-0

Aaron Fernández Martínez

53172729H

Neto Do Moucho

BS310Q 2020/148-0

Cristina Rodríguez Chiarroni

***1397**

Seitán

BS310Q 2020/152-0

Antía Rodríguez Caldeiro

***0888**

Reblo

BS310Q 2020/216-0

Pedro Aarón Álvarez Pérez

***9587**

Orde Caos

BS310Q 2020/234-0

Rebeca López Villar

***6064**

Sombra

BS310Q 2020/236-0

Andrea Davila Rubio

***8696**

Tactus

BS310Q 2020/266-0

Laura Calvo González

***3790**

Lara Sag

BS310Q 2020/299-0

Andrea Domínguez Torres

***1313**

Orballo

BS310Q 2020/302-0

Laura María Freire Cameselle

***1777**

Moitameiga

BS310Q 2020/320-0

Pablo Oreiro Landeira

***1286**

Primer

BS310Q 2020/329-0

Lidia Quintela Rial

***9106**

Lqr