Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49238

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 3 de decembro de 2020 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2021 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O acordo para aplicar a segunda actividade no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais dispón na súa instrución quinta que o prazo de solicitude de segunda actividade abranguerá o mes de xaneiro de cada ano natural. O pase á segunda actividade realizarase de acordo coas seguintes especificacións:

Primeiro. Poden solicitar o pase á segunda actividade os traballadores fixos e temporais das categorías de bombeiros/as forestais que fagan ou teñan feitos xa no ano 2021 os 60 anos de idade, que non estean acollidos á xubilación parcial e que se comprometan a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de seren maiores de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Segundo. Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo do anexo II os postos de traballo que figuran no anexo I deste anuncio dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición. De non haber postos dentro da súa comarca, poderán solicitar simplemente o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios, ben que tamén poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades e, mesmo, adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel en que prestan servizos.

Terceiro. As solicitudes (anexo II) deberán ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III) e remitiránselle á Consellería do Medio Rural, que será a competente para realizar a proposta de adscrición a segunda actividade á Dirección Xeral da Función Pública, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

Cuarto. Para os efectos de resolver as adscricións á segunda actividade, terán preferencia os que teñan destino definitivo no mesmo ámbito, a seguir os que teñan destino provisional e, por último, os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito. No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade o que teña máis antigüidade e, se persiste o empate, resolverase a prol de quen teña maior idade.

Quinto. O prazo de solicitude será do día 2 de xaneiro ata o día 31 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Postos vacantes que se ofertan a 2ª actividade

Centro directivo

Centro de destino

Comarca forestal

Localidade
do centro

Código do posto

Grupo e categoría

Denominación

Observacións RPT

Tipo de
posto

Agacal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

Santiago

Boqueixón

MR3010030215120020

III.68.

Oficial 1ª agrario/a

Xornada especial//B10 // B14

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR3010050115010072

III.68.

Capataz agrario/a

B10

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR3010050115010095

III.68.

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR3010050115010113

IV.9.

Oficial 2ª agrario/a

B10

12 meses

Agacal

Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra

Eume

Monfero

MR3010050215490003

III.68.

Oficial 1ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

Agacal

Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño

Vigo

Salceda de Caselas

MR3010050436480072

V.8.

Peón/oa agrario/a

Xornada especial // B11 // B14

12 meses

Agacal

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

O Ribeiro

Leiro

MR3010050532400015

IV.9.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

A Coruña

Abegondo

MR3010050715010111

III.17.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

A Coruña

Abegondo

MR3010050715010112

III.17.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

A Coruña

Abegondo

MR3010050715010113

III.17.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

A Coruña

Abegondo

MR3010050715010123

III.17.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Agacal

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

A Coruña

Abegondo

MR3010050715010141

V.12.

Mozo/a de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Agacal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Pontevedra-O Morrazo

Pontevedra

MR3010050836001077

V.10F.

Peón/oa forestal

B10 // B11 // B18

12 meses

D. X. de Gandaría, Agr. e I. A.

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia

Lugo

Lugo

MRC050010127001064

III.17.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

D. X. de Gandaría, Agr. e I. A.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Ourense

Coles

MRC050010432260111

III.64.

Oficial 1ª tractorista

B10 // B11 // B14 // B18

12 meses

D. X. de Gandaría, Agr. e I. A.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Ourense

Coles

MRC050010432260122

IV.9.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11 // B14 // B18

12 meses

X. T. Lugo

Servizo de Infraestruturas Agrarias

Lugo

Lugo

MRC991040127001076

IV.1.

Operador/a de máquinas básicas

 

12 meses

X. T. Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos

Terra de Lemos

Bóveda

MRC995510127080011

V.10F.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

X. T. Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos

Terra de Lemos

Bóveda

MRC995510127080012

V.10F.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

X. T. Ourense

Viveiro Forestal A Chaira

Ourense

Pereiro de Aguiar

MRC995510132570003

V.10F.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR30100…15001..

IV.3.

Auxiliar sanitario

 

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR30100…15001..

IV.3.

Auxiliar sanitario

 

12 meses

Agacal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Pontevedra - O Morrazo

Pontevedra

MR30100…32001..

IV.11.

Auxiliar de laboratorio

 

12 meses

Agacal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Pedro Murias

Mariña Oriental

Ribadeo

MR3010030527500019

IV.9.

Oficial 2ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

X. T. A Coruña

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

MRC991000015001178

III.82.

Oficial 1ª mecánico/a

 

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

A Coruña

MR3010050115010094

III.68.

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Agacal

Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica

Santiago

Santiago de Compostela

MR3010000315770060

IV.14.

Auxiliar oficios

 

12 meses

Agacal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A Coruña

Abegondo

MR3010050115010117

IV.9.

Oficial 2ª agrario/a

B10

12 meses

X. T. Lugo

Viveiro Forestal San Breixo

Vilalba

Guitiriz

MRC995510127220010

V.10F.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

missing image file

Anexo III

Compromiso de xubilación

_______________________________________________, con DNI ____________, coa categoría de ____________ e destino no posto ________________, para os efectos de solicitar o meu pase á segunda actividade, comprométome a xubilarme:

□ Á idade legalmente establecida

□ Ao finalizar o prazo dun ano desde a data de efectos da adscrición por pase á segunda actividade (para o caso de solicitantes que teña feitos os 65 anos)

O que asino en ________________, o _____________________.

Asdo. __________________