Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49390

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DECRETO 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

O Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, foi aprobado tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

De acordo con estes criterios, foron aprobados os decretos 129/2020 e 130/2020, do 17 de setembro, polos que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, respectivamente, obedecendo aos postulados de racionalización, coordinación das distintas unidades administrativas, calidade na prestación de servizos públicos e mellora continua.

O presente decreto establece un marco de estabilidade con respecto á estrutura da anterior Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, fixada polo Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica, dado o bo funcionamento e os resultados acadados por esta. Non obstante, cómpre proceder á súa actualización.

Así, delimítanse as competencias da Vicepresidencia Primeira para adaptar a súa configuración á incorporación da Vicepresidencia Segunda á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Deste xeito, suprímense da agora Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo as competencias relativas á Administración Pública que, de conformidade co Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, pasan a ser competencia da Consellería de Facenda e Administración Pública, na cal se integrarán a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e a Escola Galega de Administración Pública.

Ademais, as competencias da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil, ata o de agora dependente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pasarán á Axencia Galega de Emerxencias, na cal se integra a Subdirección.

Por outra banda, reordénanse as competencias da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, atribuíndolle á subdirección xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias as funcións de coordinación dos servizos que integran a Dirección Xeral e de apoio e asistencia á persoa titular da Dirección Xeral.

Por último, adscríbese á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a Axencia de Turismo de Galicia. En relación co anterior e tendo en conta a función de coordinación interdepartamental establecida no Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determina a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, incorpóranse as referencias ás funcións de coordinación de todas aquelas accións que, dentro do ámbito cultural, realice a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que estean relacionadas cos obxectivos e fins da Axencia de Turismo de Galicia ou os da S.A. Xestión do Plan Xacobeo, previstos no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, coa finalidade de incardinalas nos plans e programas que elabore directamente a Axencia de Turismo de Galicia ou a través da S.A. Xestión do Plan Xacobeo, respectando, en todo caso, as competencias propias de cada departamento.

Así pois, a nova estrutura plasmada neste decreto xorde como consecuencia da necesidade de afondar na mellora continua das estruturas administrativas iniciada polo actual Goberno, co fin de acadar o máximo nivel de calidade na prestación dos servizos públicos.

De conformidade co exposto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e Administración Pública, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día tres de decembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Artigo 1. Ámbito competencial

1. A Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia configúrase como un órgano superior de coordinación da Presidencia da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden, ademais das funcións e competencias establecidas no artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, a promoción e adopción de medidas encamiñadas á asistencia xurídica da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia e á Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e turismo, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

Artigo 2. Estrutura da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

1. Intégrase na Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, baixo a superior dirección da persoa titular, para o exercicio das súas funcións, a Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral, e que se rexerá, en canto á súa estrutura e funcionamento, pola Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral e da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

2. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, baixo a superior dirección da persoa titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:

a) A Secretaría Xeral Técnica.

b) A Dirección Xeral de Xustiza.

c) A Dirección Xeral de Administración Local.

d) A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

e) A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

f) A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Artigo 3. Órganos adscritos organicamente á Consellería

1. Os órganos superiores previstos no artigo único do Decreto 129/2020, do 17 de setembro, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, nos termos establecidos nel.

2. As delegacións territoriais da Xunta de Galicia quedan adscritas organicamente á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e exercerán as competencias previstas no artigo 7 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable.

Na orde funcional dependerán das directrices, instrucións ou criterios que emanen dos diversos órganos superiores das consellerías que correspondan por razón das distintas competencias materiais.

3. As secretarías territoriais, con nivel orgánico de subdirección xeral, dependen orgánica e funcionalmente da persoa titular da delegación territorial e exercerán as seguintes funcións:

a) O apoio e asesoramento á persoa titular da delegación territorial no exercicio das súas competencias.

b) A substitución da persoa titular da delegación territorial en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

c) A xestión e coordinación dos servizos de automobilismo provinciais e do persoal adscrito a eles, así como a utilización das súas dependencias e garaxes.

d) Cantas outras competencias lle sexan atribuídas ou delegadas.

4. Así mesmo, quedan adscritos á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, reguladas polo Decreto 178/2015, do 26 de novembro, o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio, e os seguintes órganos colexiados:

a) A Comisión de Toponimia, regulada polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.

b) A Comisión Central da Coordinación de Parques Móbiles, regulada polo Decreto 327/1994, do 3 de novembro.

c) A Comisión paritaria de seguimento e interpretación do Acordo de participación en materia de prevención de riscos laborais, o Comité de Seguridade e Saúde Laboral intercentros da Administración xeral da Xunta de Galicia e os comités de seguridade e saúde laboral dos servizos centrais, da Administración de xustiza e dos distintos edificios administrativos da Xunta de Galicia, creados pola Resolución do 29 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

d) A Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego, regulada polo Decreto 107/1999, do 8 de abril.

e) As comisións de asistencia xurídica gratuíta da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

f) A Mesa Sectorial da Administración de xustiza en Galicia.

g) A Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, creada polo Decreto 46/2009, do 26 de febreiro.

h) A Comisión Autonómica e a Comisión Técnica para a Implantación da Nova Oficina Xudicial, creadas polo Decreto 427/2009, do 19 de novembro.

i) A Comisión Galega de Cooperación Local, creada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

j) A Comisión Galega de Delimitación Territorial, creada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

k) A Comisión de Heráldica, regulada pola Lei 5/1997, do 22 de xullo.

l) A Comisión Paritaria de Formación Local de Galicia, creada polo Decreto 13/2014, do 30 de xaneiro.

m) A Comisión de seguimento de disposicións normativas estatais e doutras comunidades autónomas, creada polo Decreto 379/2009, do 27 de agosto.

n) A Comisión do Xogo de Galicia, creada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro.

ñ) A Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, creada pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

o) A Comisión de Coordinación das Policías Locais e o seu gabinete técnico, regulados pola Lei 4/2007, do 20 de abril.

p) A Comisión Galega de Protección Civil, regulada pola Lei 5/2007, do 7 de maio.

q) O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, creado pola Lei 3/2003, do 19 de xuño.

r) O Consello de Acción Exterior de Galicia, regulado polo Decreto178/2015, do 26 de novembro.

s) As comisións territoriais de coordinación das delegacións territoriais, reguladas polo Decreto 245/2009, do 30 de abril.

t) O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, regulado polo Decreto 45/2001, do 1 de febreiro.

u) O Consello de Turismo de Galicia, regulado polo Decreto 149/2012, do 5 de xullo.

v) A Comisión Interdepartamental do Camiño de Santiago, regulada polo Decreto 107/2016, do 4 de agosto.

w) A Comisión organizadora do Xacobeo 2021, creada polo Decreto 4/2018, do 11 de xaneiro.

x) O Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia, regulado polo Decreto 134/2017, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia

Artigo 4. Organismos autónomos e demais entidades do sector público adscritos á Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Quedan adscritas á Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo as seguintes entidades:

a) A Axencia de Turismo de Galicia, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, e demais normas de aplicación.

b) A Academia Galega de Seguridade Pública, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e demais normas de aplicación.

c) A Axencia Galega de Emerxencias, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e demais normas de aplicación.

TÍTULO II

A Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia

CAPÍTULO I

Da persoa titular da Vicepresidencia Primeira

Artigo 5. A persoa titular da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia

1. A persoa titular da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia é a autoridade superior da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia á cal lle corresponden as funcións e competencias establecidas no Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determina a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, así como a coordinación de todas aquelas accións que, dentro do ámbito cultural, realice a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que estean relacionadas cos obxectivos e fins da Axencia de Turismo de Galicia ou os da S.A. Xestión do Plan Xacobeo, previstos no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, coa finalidade de incardinalas nos plans e programas que elabore directamente a Axencia de Turismo de Galicia ou a través da S.A. Xestión do Plan Xacobeo, respectando, en todo caso, as competencias propias de cada departamento.

2. A persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo actuará como secretaria do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.

3. A Vicepresidencia Primeira contará, para o exercicio das súas funcións, coa Asesoría Xurídica Xeral.

CAPÍTULO II

Da Asesoría Xurídica Xeral

Artigo 6. Asesoría Xurídica Xeral

1. A Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral, rexerase en canto á súa estrutura e funcionamento pola Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral e da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

2. Para o exercicio das súas funcións, a persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Asuntos Xerais.

A este servizo correspóndelle a realización das funcións establecidas no artigo 3.4 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

3. En cada delegación territorial existirá un gabinete xurídico territorial, encadrado organicamente na delegación territorial, que dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral, de acordo coas súas normas reguladoras.

TÍTULO III

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CAPÍTULO I

A persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Artigo 7. A persoa titular da Consellería

A persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investida das atribucións que se lle asignan nas normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO III

Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 8. Atribucións

1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas polo ordenamento xurídico vixente en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a Consellería, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas polo titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

2. Correspóndenlle en particular:

a) A asistencia técnica, o apoio e asesoramento á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

b) As funcións de réxime interior e os asuntos xerais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

c) O secretariado do Goberno da Xunta de Galicia e das súas comisións delegadas, coa excepción da asistencia ás súas sesións, exercendo as competencias que se sinalan nas normas reguladoras de réxime interior da Xunta de Galicia.

d) A vicepresidencia da Comisión de Secretarios Xerais, correspondéndolle redactar a acta das reunións para elevala ao Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Estrutura

1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.

c) Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

d) Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais.

e) Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía.

f) Servizo Técnico-Normativo.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica da Consellería e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente. A Intervención Delegada desenvolverá, ademais, as súas funcións respecto da área funcional adscrita á Vicepresidencia Primeira.

Artigo 10. Vicesecretaría Xeral

1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

a) A suplencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante, así como nos casos en que fose declarada a súa abstención ou recusación.

b) A dirección e coordinación, de conformidade coas instrucións da Secretaría Xeral Técnica, das actividades do resto dos órganos que a integran, así como a sinatura dos asuntos de trámite de competencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

c) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

d) O apoio técnico nas funcións encomendadas á Secretaría Xeral Técnica e aos distintos órganos de dirección da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

e) A coordinación, o seguimento e control dos expedientes de contratación, dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería.

f) A coordinación das obras e proxectos de competencia da Consellería.

g) A coordinación, o seguimento e control dos expedientes de subvencións de competencia da Consellería.

h) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao réxime interno do persoal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

i) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.

j) As traducións, a revisión lingüística e o asesoramento aos órganos da Administración autonómica que así o soliciten.

k) A edición do Diario Oficial de Galicia.

l) A coordinación e planificación das publicacións e edicións audiovisuais da Consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia, así como a información xeral e a súa difusión.

m) A formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutros órganos e unidades da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

n) Impulsar a aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes con carácter transversal nas funcións atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.

ñ) En xeral, a asistencia e xestión de cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Vicesecretaría Xeral contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Recursos Humanos e Réxime Interior.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos recursos humanos e o seguimento e control do rexistro de persoal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, excepto do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

b) A xestión do réxime interno do persoal, rexistro, arquivo e información, control da asistencia e puntualidade da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

c) A xestión dos plans de formación do persoal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

d) A habilitación de gastos de persoal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

e) O estudo, a tramitación e elaboración das propostas de resolución de reclamacións previas á vía laboral e recursos, así como a execución de sentenzas, en materia de persoal funcionario e laboral da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Tradución e Apoio Técnico-Administrativo.

1. A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio técnico-administrativo á Vicesecretaría Xeral nos labores de coordinación, seguimento e control, dentro do seu ámbito competencial.

b) A tradución e revisión lingüística de disposicións normativas, particularmente as publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos suplementos en lingua galega do Boletín Oficial del Estado, e doutros documentos oficiais.

c) O apoio á Vicesecretaría Xeral na coordinación das publicacións e edicións audiovisuais da Consellería.

d) O asesoramento lingüístico á Comisión Permanente de Publicacións e a outros órganos da Administración que o soliciten.

e) A coordinación e o impulso de accións en materia de toponimia.

f) A resolución das cuestións terminolóxicas que xurdan nas traducións e revisións lingüísticas realizadas para o Diario Oficial de Galicia, o suplemento en lingua galega do Boletín Oficial del Estado e aqueloutras que se lle encomenden.

g) A xestión e actualización do Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia e outras publicacións institucionais.

h) Aquelas funcións que lle sexan asignadas pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

2. O Servizo de Tradución e Apoio Técnico-Administrativo, para o desenvolvemento das súas funcións, contará, ademais, con dúas unidades administrativas directamente dependentes:

a) Unha de apoio técnico e administrativo nos labores de coordinación, seguimento e control encomendados á Vicesecretaría Xeral.

b) Outra de apoio nos labores de edición do Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico exercerá as seguintes funcións:

a) A tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos órganos de dirección da Consellería, así como dos convenios e protocolos de colaboración en que sexan parte.

b) O estudo, a tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería cando non sexan competencia doutros órganos.

c) A emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

d) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere adecuado, cos órganos e unidades administrativas da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

e) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

f) A xestión de asuntos relativos ás asociacións, fundacións de interese galego, colexios profesionais e academias de Galicia.

g) A tramitación das respostas aos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo, a cidadanía e outros órganos e institucións.

h) A coordinación, seguimento e control dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

i) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección de Réxime Xurídico contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo Técnico-Xurídico.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A asistencia e apoio xurídico nas materias de competencia da Consellería, tanto nos proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos como no estudo, tramitación e propostas de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería cando non estean atribuídos a outros órganos da mesma.

b) O estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como a coordinación para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

c) A asistencia e xestión de cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección de Réxime Xurídico.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo do Secretariado do Goberno.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A preparación da orde do día, confección das convocatorias, revisión e arquivamento da documentación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta, ás súas comisións delegadas e á Comisión de Secretarios Xerais, para a súa aprobación.

b) A redacción das actas, dos acordos e das certificacións correspondentes ás reunións dos órganos citados na letra precedente, a súa remisión ás consellerías competentes por razón da materia, o seu rexistro e a súa custodia.

c) A remisión ao Diario Oficial de Galicia, para a súa publicación, dos decretos aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e da normativa aprobada, de ser o caso, polas comisións delegadas do Goberno galego.

d) O traslado, á Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, das certificacións dos acordos de aprobación de proxectos de lei e dos seus textos para a súa remisión ao Parlamento de Galicia.

e) A remisión, ao Boletín Oficial del Estado, das leis aprobadas polo Parlamento de Galicia para a súa publicación.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A cualificación inicial das solicitudes de inscrición de fundacións de interese galego, a súa clasificación e adscrición aos distintos protectorados.

b) A xestión e custodia do Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego e o exercicio do protectorado en relación coas fundacións adscritas a esta consellería.

c) A cualificación de legalidade dos estatutos dos colexios profesionais e dos consellos galegos de colexios profesionais, a tramitación da súa aprobación definitiva e a xestión e custodia dos seus respectivos rexistros.

d) A xestión e custodia do Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e a coordinación dos rexistros provinciais, e a tramitación do procedemento de declaración de utilidade pública de asociacións inscritas naquel.

e) A xestión e custodia do Rexistro Xeral de Academias de Galicia e as demais funcións que na materia lle correspondan a esta consellería.

f) A xestión e coordinación dos órganos técnicos de consulta e asesoramento das entidades sinaladas.

g) A realización dos informes, estudos e propostas de anteproxectos de disposicións xerais en materia de asociacións, fundacións de interese galego, colexios profesionais e consellos galegos de colexios profesionais e academias de Galicia.

h) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 12. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa

1. A Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da Consellería, o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.

b) A execución da xestión orzamentaria efectuando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamentos da Consellería.

c) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos directivos e ás unidades administrativas da Consellería.

d) A elaboración das instrucións necesarias para que os órganos directivos mencionados efectúen unha correcta execución do orzamento.

e) A xestión dos expedientes de contratación administrativa.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión Económica.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación da elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamentos da Consellería, control da execución orzamentaria, tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria e a execución dos gastos que se lle atribúan.

b) A xestión económica dos convenios de colaboración con outros entes, públicos ou privados, no marco das competencias atribuídas á Consellería.

c) A habilitación dos gastos correntes da Secretaría Xeral Técnica.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Contratación.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da Consellería, cando se trate de obras, xestión de servizos públicos, subministracións e servizos ou calquera outra figura contractual.

b) A elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas aplicables aos contratos que subscriba a Consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas na materia ao Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas e ao de Obras e Proxectos.

c) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 13. Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais

1. A Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso, a coordinación e xestión das actuacións de carácter transversal que lle poidan afectar á Xunta de Galicia.

b) A xestión de infraestruturas administrativas.

c) A avaliación, implantación e planificación en materia de prevención de riscos laborais.

d) A coordinación dos servizos que a Xunta de Galicia lle encomende para a xestión da prevención e asistencia en materia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

e) O seguimento e a supervisión das obras e proxectos de competencia da Consellería.

f) A dirección do Parque Móbil da Xunta de Galicia e a coordinación dos parques sectoriais pertencentes a outras consellerías.

g) A coordinación da asistencia médica facultativa ao persoal dos servizos centrais.

h) A elaboración de cantas normas e instrucións sexan necesarias para a mellora da xestión e da calidade na prestación de servizos.

i) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A conservación e o mantemento das dependencias adscritas á Consellería e daqueloutras que se lle encomenden, e dos complexos administrativos, centrais e periféricos, así como as actuacións complementarias necesarias para o seu normal funcionamento, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.

b) A inspección técnica, realización de informes, sistemas de seguridade e a adecuación á normativa vixente das infraestruturas existentes.

c) A coordinación dos órganos e das unidades de mantemento centrais e periféricas.

d) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas dos expedientes de contratación relacionados coa xestión das infraestruturas administrativas da súa competencia, e o seguimento, a vixilancia e o control das contratacións derivadas deles.

e) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O deseño, elaboración e implantación dun plan de prevención de riscos laborais.

b) A avaliación dos riscos laborais e a planificación da actividade preventiva.

c) A formación e información ao persoal empregado público en materia de prevención de riscos laborais, a vixilancia da súa saúde e a adopción das medidas de emerxencia e evacuación.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Obras e Proxectos.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A supervisión de proxectos técnicos e o seguimento dos proxectos de obras da Consellería.

b) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas dos expedientes de contratación relacionados con obras de competencia da Consellería.

c) A prestación da asistencia técnica aos órganos e ás unidades administrativas da Consellería en todos os expedientes en que sexa solicitada.

d) A realización dos traballos facultativos propios das obras de construción, reforma e reparación de competencia da Consellería.

e) A elaboración dos informes técnicos que lle sexan requiridos pola Secretaría Xeral Técnica.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3. A Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais contará, ademais, con dúas unidades administrativas directamente dependentes para a realización das seguintes funcións:

a) O apoio técnico e administrativo nos labores de dirección e coordinación do Parque Móbil.

b) O apoio nos labores de coordinación da asistencia médica facultativa ao persoal dos servizos centrais.

Artigo 14. Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía

1. A Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía exercerá as seguintes funcións:

a) A dirección, coordinación e o control das oficinas de asistencia en materia de rexistro e atención á cidadanía, así como das demais oficinas de rexistro da Administración autonómica e das entidades locais galegas vinculadas ao Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

b) A xestión, coordinación e o mantemento do Rexistro de persoal funcionario habilitado para a identificación e sinatura, regulado no artigo 12.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) A xestión e o mantemento do Rexistro Electrónico de Apoderamentos, así como a coordinación co Rexistro Electrónico de Apoderamentos da Administración xeral do Estado e demais administracións públicas.

d) A asistencia á cidadanía para a súa relación coa Administración autonómica a través de medios electrónicos.

e) A elaboración e proposta de normativa que desenvolva ou regule as funcións relacionadas coas oficinas de asistencia en materia de rexistro e información á cidadanía.

f) A dirección e coordinación do servizo de paquetaría e valixa.

g) A coordinación e desenvolvemento da notificación por comparecencia espontánea a que se refire o artigo 41.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) O seguimento das solicitudes de acceso á información pública da Consellería.

i) A xestión das queixas e suxestións formuladas ante a Consellería.

j) Aqueloutras que, pola materia que desenvolve, lle sexan encomendadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación das oficinas de asistencia en materia de rexistro e información á cidadanía, así como das demais oficinas de rexistro da Administración autonómica e das entidades locais galegas vinculadas ao Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

b) A coordinación do persoal da Oficina de Rexistro e Información á Cidadanía nos servizos centrais da Xunta de Galicia.

c) A asistencia á cidadanía para a súa relación coa Administración autonómica a través de medios electrónicos.

d) A recepción de documentación e a súa dixitalización e envío ás unidades competentes para a súa tramitación.

e) A colaboración no mantemento dos rexistros de persoal funcionario habilitados e de apoderamentos.

f) A asistencia á cidadanía para a súa relación coa Administración autonómica a través de medios electrónicos e información sobre os requisitos técnicos e xurídicos que deban conter as solicitudes ou actuacións que a cidadanía pretenda realizar.

g) A xestión do servizo de paquetaría e valixa.

h) Cantas outras que, sendo competencia da Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía, lle sexan encomendadas.

Artigo 15. Servizo Técnico-Normativo

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio e asesoramento normativo á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica no estudo, preparación e tramitación dos expedientes da Consellería.

b) O estudo e seguimento das propostas de disposicións que elaboren os distintos órganos de dirección da Consellería.

c) A elaboración de informes derivados dos estudos transversais que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica sobre materias propias da competencia da Consellería.

d) O rexistro e arquivamento das disposicións legais emanadas da Consellería, así como a recompilación e refundición das normas emanadas dela.

e) O estudo dos anteproxectos de disposicións normativas do Estado e anteproxectos e proxectos de disposicións doutras consellerías.

f) A confección de documentación e borradores para os expedientes sobre aprobación de normativa regulamentaria que, nas súas materias, lle corresponda iniciar á Secretaría Xeral Técnica.

g) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

CAPÍTULO III

Da Dirección Xeral de Xustiza

Artigo 16. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Xustiza exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, relativas aos medios persoais, económicos e materiais ao servizo da Administración de xustiza, á promoción e desenvolvemento do dereito civil de Galicia, á demarcación e planta xudicial, notarial e rexistral, e ao acceso da cidadanía á xustiza en igualdade de oportunidades.

2. No exercicio das súas competencias correspóndenlle a este órgano as relacións ordinarias cos órganos do poder xudicial, co Ministerio de Xustiza e coas demais institucións relacionadas co ámbito xurisdicional.

3. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Xustiza:

a) A programación e xestión dos medios persoais e materiais da Administración de xustiza de Galicia, agás as que lle correspondan á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, incluíndo a xestión das relacións sindicais e a actividade negociadora neste ámbito sectorial, a autorización da nómina referente ás súas retribucións, o exercicio das potestades disciplinarias respecto do dito persoal e a prevención de riscos laborais nos centros de traballo da Administración de xustiza.

b) O impulso do uso do galego na Administración de xustiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) A promoción do acceso da cidadanía á xustiza en igualdade de condicións, a través da dirección, reforma e control do sistema de asistencia xurídica gratuíta.

d) A presentación das propostas sobre demarcación e planta xudicial, sobre demarcación notarial e sobre convocatoria das prazas vacantes de maxistratura, xudicatura, secretaría xudicial; elevación á persoa titular da Consellería dos nomeamentos de persoas titulares de notarías e rexistros da propiedade; a elaboración do modelo de oficina xudicial e a implantación de programas de modernización, mellora e promoción da calidade no funcionamento das oficinas e servizos da Administración de xustiza.

e) A elaboración das relacións de postos de traballo do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como das súas modificacións, de conformidade co previsto na Lei orgánica do poder xudicial e demais normativa en vigor.

f) A organización e supervisión do funcionamento do Instituto de Medicina Legal de Galicia e a programación de actuacións para o establecemento de sistemas de xestión de calidade dos seus servizos e para o seu desenvolvemento científico e tecnolóxico.

g) A coordinación, coa Secretaría Xeral Técnica e coas delegacións territoriais, para impulsar a prevención de riscos laborais nos centros de traballo da Administración de xustiza.

h) A execución das competencias da Consellería para o funcionamento e a mellora da xustiza de paz.

i) A implantación, o impulso e desenvolvemento de programas e actuacións de desxudicialización de conflitos e de promoción da mediación.

j) O impulso da formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero na Administración de xustiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

k) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 17. Estrutura

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza.

b) Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza.

c) Servizo de Coordinación Técnico-Administrativa.

d) Servizo de Modernización da Administración de Xustiza.

Artigo 18. Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza

1. A Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da Dirección Xeral respecto das relacións co Consello Xeral do Poder Xudicial, coa Administración de xustiza e demais institucións que cooperan coa xustiza.

b) A xestión do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como a participación na función de relacións laborais e a intervención na negociación no ámbito sectorial nos termos da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo da Administración pública, e o seguimento dos acordos derivados dela.

c) A elaboración de estudos e informes sobre as necesidades de formación inicial e continuada dos membros da Administración de xustiza.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O apoio xurídico na proposta, elaboración e tramitación de proxectos de disposicións normativas nas diferentes materias competencia da Subdirección Xeral.

b) A tramitación das reclamacións e recursos formulados polo persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como a tramitación dos expedientes disciplinarios e queixas sobre a súa actuación. A tramitación incluirá a confección das propostas de resolución dos expedientes.

c) A preparación dos antecedentes e a confección das comunicacións aos órganos xudiciais e informes, que procedan, sobre as demandas en vía xurisdicional en materia de persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como a incoación e impulso da execución administrativa das sentenzas que afecten o dito persoal.

d) As relacións laborais coas organizacións sindicais e órganos de representación do persoal e o seguimento dos seus dereitos, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos.

e) A coordinación da actuación das xefaturas territoriais en materia de persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como a das unidades técnico-administrativas reguladas no Decreto 148/2010, do 2 de setembro.

f) A relación co Servizo de Prevención de Riscos e coas unidades administrativas responsables da execución de medidas nesta materia.

g) O control, nos termos previstos no artigo 505 da Lei orgánica do poder xudicial, da incapacidade temporal do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, sen prexuízo das competencias delegadas ou que poidan delegarse noutras unidades.

2.2. Servizo de Persoal da Administración de Xustiza.

A este servizo correspóndelle, en relación co persoal funcionario dos corpos nacionais ao servizo da Administración de xustiza, a realización das seguintes funcións:

a) A colaboración e coordinación co Centro Informático de Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable e coas habilitacións de persoal, para a xestión da nómina do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e o seguimento da execución orzamentaria do capítulo I, así como a elaboración de estudos e informes.

b) A xestión dos expedientes persoais do persoal funcionario de carreira, incluídos o mantemento, a actualización e corrección dos seus datos na aplicación informática de xestión de persoal (AIX), así como a transferencia de expedientes e datos, e xestión de comunicacións co Ministerio de Xustiza e os departamentos de xustiza doutras comunidades autónomas.

c) A preparación da oferta de emprego público e a xestión, en colaboración co Ministerio de Xustiza e coa Escola Galega de Administración Pública, dos procesos de selección e ingreso na función pública ao servizo da Administración de xustiza.

d) A preparación e execución, en colaboración co Ministerio de Xustiza, dos procesos de concurso de traslados de ámbito nacional, así como a convocatoria e resolución dos outros procesos para a provisión, definitiva ou temporal, de postos de traballo.

e) A confección das relacións de postos de traballo e demais instrumentos de ordenación da actividade profesional, a tramitación das propostas de modificación do cadro de persoal e os procesos de xestión da reordenación de efectivos.

f) A tramitación dos expedientes de declaración de situacións administrativas e compatibilidade para o exercicio doutras actividades, recoñecemento de trienios e de servizos previos, prolongacións de xornada e comisións de servizos e outros expedientes relativos á vida funcionarial.

g) A xestión da acción social.

h) O apoio á Subdirección Xeral no deseño e planificación da formación inicial e continuada do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

i) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 19. Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza

1. A Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza exercerá as seguintes funcións:

a) A planificación da actividade económica e orzamentaria da Dirección Xeral de Xustiza, coa preparación do anteproxecto de orzamento de gastos da Dirección Xeral, a confección da documentación para impulsar a tramitación das modificacións do orzamento de gastos e o impulso da contratación centralizada das subministracións, servizos e consultorías, coordinando a xestión descentralizada do gasto corrente nas delegacións territoriais, así como o asesoramento nas referidas materias á persoa titular da Dirección Xeral.

b) A presentación de propostas e a execución de actuacións de mellora dos equipamentos e dotación mobiliaria que a Consellería pon á disposición da Administración de xustiza, especialmente a xestión dos arquivos e dos depósitos xudiciais na implantación e no funcionamento da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial, así como a coordinación da dotación dos medios precisos para o adecuado funcionamento de todos eles.

c) A xestión das axudas económicas e subvencións, e especialmente as compensacións económicas á avogacía e á procuradoría polo funcionamento das quendas de asistencia xurídica gratuíta.

d) A organización, xestión e avaliación do funcionamento dos servizos de peritaxe e dos servizos de tradución e interpretación.

e) A xestión da asistencia xurídica gratuíta.

f) A confección de documentación e borradores para os expedientes sobre aprobación de normativa regulamentaria que nas súas materias lle corresponda iniciar á Dirección Xeral de Xustiza.

g) A coordinación da actuación das xefaturas territoriais en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza, así como das unidades técnico-administrativas reguladas no Decreto 148/2010, do 2 de setembro.

h) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión Económica e Administrativa.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A programación, coordinación e xestión económico-administrativa derivadas das funcións atribuídas á Dirección Xeral de Xustiza, incluídas as axudas e subvencións, así como as compensacións económicas en materia de xustiza gratuíta.

b) A tramitación das solicitudes de asistencia pericial á Administración de xustiza cuxo aboamento poida corresponder á Administración autonómica.

c) A confección de documentación e borradores para os expedientes de modificacións orzamentarias do orzamento de gasto.

d) As colaboracións administrativas para a tramitación e o desenvolvemento dos convenios asinados pola Xunta de Galicia e demais institucións, en relación coas materias de competencia da Dirección Xeral, cando estes teñan o carácter de subvencións.

e) A confección de documentación e borradores para os expedientes de contratación administrativa, en relación coas materias cuxa competencia sexa da Dirección Xeral.

f) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Estudos e Asistencia Xurídica Gratuíta.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión administrativa das funcións atribuídas á Dirección Xeral en materia de asistencia xurídica gratuíta.

b) As colaboracións administrativas para a tramitación e o desenvolvemento dos convenios asinados pola Xunta de Galicia co Consello Xeral do Poder Xudicial, co Ministerio de Xustiza e coas demais institucións en relación coas materias de competencia da Dirección Xeral.

c) A tramitación dos expedientes de nomeamento das persoas titulares de notarías e de rexistros da propiedade.

d) A colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística nos programas de implantación do uso do galego na Administración de xustiza.

e) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 20. Servizo de Coordinación Técnico-Administrativa

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) As funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo á Dirección Xeral nas diferentes materias que sexan competencia dese centro directivo.

b) A asistencia á Dirección Xeral no estudo e na preparación de documentación e informes que lle encomende a Dirección Xeral en materias da súa competencia.

c) O soporte técnico-administrativo ás distintas comisións en que a persoa titular da Dirección Xeral sexa membro.

d) O soporte administrativo, a coordinación e o seguimento da implantación dos programas e medidas no ámbito da atención ás vítimas, da mediación e resolución extraxudicial de conflitos.

e) O soporte administrativo das funcións que corresponden á Dirección Xeral de Xustiza en relación co rexistro de parellas de feito.

f) A preparación dos informes relativos ás queixas e inspeccións realizadas respecto de materias competencia da Dirección Xeral.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 21. Servizo de Modernización da Administración de Xustiza

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión e coordinación do cambio organizativo na implantación dos novos modelos de oficina xudicial e fiscal.

b) A elaboración de proxectos, propostas, manuais, protocolos e guías de organización.

c) O seguimento e a análise das estatísticas xudiciais e rexistrais, en colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, co Ministerio de Xustiza e co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

d) A coordinación dos grupos de traballo e grupos técnicos para o despregamento dos novos modelos organizativos.

e) O deseño e a xestión de medidas tendentes á racionalización na utilización dos medios humanos e materiais e á mellora da calidade dos servizos.

f) A proposta e articulación de accións e medidas de fomento da utilización das novas ferramentas de traballo postas á disposición na Administración de xustiza, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos ou administracións.

g) O deseño e a execución de actuacións de capacitación do persoal aliñadas co órgano competente en materia de novas tecnoloxías e outros responsables en materia de formación.

h) A presentación de propostas de programas de actuación que teñan por obxecto mellorar a calidade da Administración de xustiza no ámbito competencial propio.

i) Aquelas que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO IV

Da Dirección Xeral de Administración Local

Artigo 22. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de Administración local.

2. No exercicio das súas competencias, correspóndenlle a este órgano as relacións coas entidades locais e coas demais institucións relacionadas co ámbito do poder local.

3. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Administración Local:

a) A coordinación das políticas públicas en materia de Administración local, xestión en materia de pacto local e cooperación coas asociacións de municipios.

b) A proposición das directrices en relación cos programas de cooperación e financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local.

c) A elaboración dos programas formativos en materia de Administración local.

d) O fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións destinadas a elas.

e) O fomento e a ordenación dos procesos asociativos e consorciais das entidades locais, así como as propostas en materia de organización territorial.

f) O fomento do asociacionismo veciñal.

g) A execución das competencias que, con respecto ao persoal funcionario con habilitación de carácter nacional, lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

h) A elaboración, impulso e xestión de programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza con incidencia no mundo local e no ámbito das competencias da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, facendo especial fincapé nas accións enmarcadas no eido da cooperación Galicia-Norte de Portugal.

i) O impulso, estudo e control do cumprimento da Lei de Administración local de Galicia e demais normativa de réxime local, así como o exercicio das competencias que nesa materia lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

j) O impulso do proceso de incorporación do galego á Administración local de forma coordinada coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

k) A xestión do Portal Eido Local, así como o fomento e impulso da incorporación das novas tecnoloxías, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e de métodos de calidade nas administracións locais galegas.

l) A tramitación dos expedientes de declaración de urxente ocupación nas expropiacións forzosas instados polas entidades locais.

m) O Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

n) A tramitación dos expedientes de alteración e deslindamento de termos municipais; a tramitación dos expedientes suxeitos a intervención autonómica en materia de patrimonio das entidades locais, e a tramitación dos expedientes de solicitude de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares en asuntos de competencia municipal.

ñ) O impulso da formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero nas accións formativas para membros e persoal da Administración local en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

o) Aqueloutras que, non estando incluídas neste artigo, lle atribúa a normativa vixente, así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 23. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións e competencias, a Dirección Xeral de Administración Local estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais.

b) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local.

Artigo 24. Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais

1. A Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais exercerá as seguintes funcións:

a) A proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais.

b) A realización das propostas de convocatoria das axudas e subvencións, e elaboración de convenios, no ámbito das súas competencias.

c) O fomento da normalización lingüística na Administración local en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) A preparación de estudos e anteproxectos de disposicións xerais nas materias atribuídas a esta unidade.

e) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral.

f) A execución, o seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza en que participe a Dirección Xeral de Administración Local, así como a elaboración de propostas de actuación neste sentido.

g) O impulso e a coordinación, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, das accións encamiñadas á implantación e ao desenvolvemento das novas tecnoloxías na Administración local.

h) O fomento e impulso de programas e métodos de implantación da calidade nas administracións locais galegas.

i) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Xestión e Cooperación Económica.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión, tramitación e realización das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións e axudas desta dirección que se destinan ás entidades locais galegas.

b) O estudo do anteproxecto de orzamento correspondente á Dirección Xeral, así como o seguimento, a avaliación e o control dos seus programas de gasto.

c) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral.

d) O impulso e a execución dos convenios asinados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo en materia de Administración local.

e) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 25. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da Dirección Xeral naquelas materias relativas ás relacións coas entidades locais de Galicia.

b) A execución das directrices da Dirección Xeral naquelas materias relacionadas coa organización, bens, servizos e persoal das corporacións locais que lle correspondan á Comunidade Autónoma de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, sen prexuízo das competencias que, nestas materias, poidan ser atribuídas a outras consellerías.

c) A elaboración de estudos, informes e proxectos de disposicións xerais nas materias atribuídas a este órgano, e a execución das competencias que, en materia de réxime xurídico, lle correspondan á Dirección Xeral.

d) O impulso, a organización e divulgación dun fondo documental e xurídico en materia de Administración local.

e) A execución das competencias que, en materia de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional, lle corresponden á Comunidade Autónoma.

f) A xestión do Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

g) A elaboración de propostas dos expedientes en materia de alteración e deslindamento de termos municipais.

h) A tramitación dos expedientes de autorización ou toma de razón nas cesións, alleamentos ou permutas dos bens das entidades locais.

i) A tramitación dos expedientes de creación, modificación e disolución das entidades locais non territoriais, prestándolles a colaboración e o asesoramento necesarios.

j) A elaboración das correspondentes propostas, a través da Comisión de Toponimia, respecto da denominación e da capitalidade das entidades locais.

k) A elaboración das correspondentes propostas, a través da Comisión de Heráldica, de escudos e bandeiras das entidades locais galegas.

l) A proposta de posibles accións formativas para membros e persoal da Administración local.

m) A tramitación dos expedientes de municipalización de servizos en réxime de monopolio, de dispensa da obriga de prestar servizos mínimos, de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares.

n) A xestión, o impulso, a coordinación e o estudo das materias reservadas ao Pacto local.

ñ) A elaboración de informes, proxectos e estudos en relación co financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local.

o) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Persoal Funcionario con Habilitación de Carácter Nacional.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O asesoramento en materia de función pública local e a revisión dos procesos de selección de persoal das entidades locais.

b) A distribución do papel numerado para actas e resolucións das entidades locais.

c) A tramitación da provisión de postos con carácter non definitivo e o exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma respecto dos concursos de traslados e libre designación de habilitados/as estatais.

d) A tramitación dos expedientes de creación, clasificación e supresión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, así como os de constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento dos ditos postos e os das exencións regulamentariamente establecidas.

e) A dirección e xestión do Rexistro autonómico de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional e a coordinación e integración co Rexistro estatal do dito persoal funcionario.

f) A elaboración de informes sobre os recursos que se presenten en materia de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Cooperación Xurídica e Pacto Local.

A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión, o impulso, a coordinación e o estudo das materias reservadas ao Pacto local.

b) A elaboración de informes, proxectos e estudos en relación co financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local.

c) A xestión dos expedientes de denominación e capitalidade das entidades locais.

d) A tramitación dos expedientes de alteración e deslindamento de termos municipais.

e) A prestación do soporte operativo á Comisión de Toponimia e á Comisión Galega de Delimitación Territorial.

f) O asesoramento, colaboración e xestión dos expedientes en materia de heráldica das entidades locais galegas, prestando soporte operativo á Comisión de Heráldica de Galicia.

g) O asesoramento e tramitación da creación, modificación e disolución das entidades locais non territoriais.

h) A xestión do Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

i) A tramitación dos expedientes de declaración de urxente ocupación en materia de expropiación forzosa.

j) A tramitación dos expedientes de toma de razón, coñecemento ou autorización dos expedientes de acción investigadora, cesión, alleamento ou permuta dos bens das entidades locais.

k) O estudo das posibles accións formativas para membros e persoal da Administración local.

l) O estudo para a elaboración das correspondentes propostas de desenvolvemento normativo atribuído á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de réxime local.

m) O fomento e a ordenación dos procesos asociativos e consorciais das entidades locais como instrumentos de ordenación e vertebración territorial.

n) O impulso e a coordinación da investigación e a sistematización da lexislación, dos traballos doutrinais e da xurisprudencia, nas materias relacionadas coa Administración local.

ñ) A execución das competencias que, en materia de control de legalidade dos actos e acordos das corporacións locais, lle están atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia.

o) A tramitación dos expedientes de municipalización de servizos en réxime de monopolio, de dispensa da obriga de prestar servizos mínimos, de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares.

p) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO V

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Artigo 26. Atribucións

A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Comunidade Autónoma galega nas seguintes materias:

a) A asunción das relacións entre o Goberno e o Parlamento galego, para artellar de xeito fluído as comunicacións entre ambos os dous órganos da Comunidade Autónoma, facilitando o control parlamentario sobre o Goberno e a achega das propostas deste ao lexislativo.

b) A representación ordinaria do Goberno na Xunta de Portavoces do Parlamento, sen prexuízo de que a poida asumir outra persoa, membro do Goberno galego, cando este o considere oportuno.

c) A asistencia ou representación da persoa titular da Consellería de Presidencia nas reunións da Xunta de Portavoces do Parlamento, cando o Goberno considere oportuno acudir a elas, de conformidade co previsto no artigo 38.2 do Regulamento.

d) A información e asistencia ao Goberno nas súas relacións co Parlamento de Galicia.

e) O seguimento do programa lexislativo do Goberno galego e dos acordos adoptados polo Parlamento de Galicia.

f) A organización e coordinación dos procesos electorais en que sexa competente a Comunidade Autónoma de Galicia, así como a representación da Xunta de Galicia naqueles procesos electorais a que estea invitada como observadora.

g) A xestión e resolución das axudas ás formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia, previstas no capítulo III do título I da Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes.

h) O seguimento das iniciativas tramitadas nas Cortes Xerais ou noutras comunidades autónomas que puideren ter algunha relación coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) A determinación do departamento da Xunta de Galicia que debe dar resposta ás iniciativas parlamentarias que se presenten na Cámara.

j) A representación da Comunidade Autónoma no que atinxe ás relacións institucionais coa Administración e Goberno estatal, así como coas restantes administracións e gobernos doutras comunidades autónomas.

k) O rexistro dos convenios subscritos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polas entidades instrumentais do sector público autonómico galego.

l) A legalización de sinaturas de documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e do sector público autonómico que vaian producir efectos no estranxeiro, conforme o establecido no Decreto 351/2009, do 9 de xullo, polo que se regula a legalización de documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deban producir efectos no estranxeiro.

m) A representación da Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión Mixta de Transferencias e nas comisións bilaterais de cooperación entre a Administración xeral do Estado e a Administración autonómica, así como naqueles foros en que sexa necesaria a súa presenza e non estea predeterminado o departamento que deba asistir por razón da materia que se vai tratar, cando así o acorde o Consello da Xunta de Galicia.

n) O seguimento da participación da Xunta de Galicia nas conferencias sectoriais.

ñ) A coordinación da actividade da Comisión de seguimento de disposicións normativas do Estado e doutras comunidades autónomas.

o) A coordinación e o seguimento de actuacións en materia de liberdade relixiosa e de culto, xunto cos órganos competentes dos demais departamentos, así como a colaboración coas institucións e organizacións interesadas no seu estudo e desenvolvemento.

p) A coordinación, xunto cos órganos competentes dos demais departamentos, de programas de cooperación en materia de memoria democrática con outras comunidades autónomas, corporacións locais e outros organismos.

q) A representación da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo naqueles supostos en que lle sexa encomendada polo seu titular.

r) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 27. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias conta cos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

b) Servizo de Seguimento Lexislativo e Acordos Parlamentarios.

c) Servizo de Desenvolvemento Institucional e Análise Competencial.

d) Servizo de Coordinación.

Artigo 28. Subdirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

A esta subdirección xeral correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A dirección e coordinación, de conformidade coas instrucións da persoa titular da Dirección Xeral, das actividades do resto dos órganos que a integran.

b) A elaboración de propostas e informes e a execución das actividades correspondentes á Dirección Xeral en materia de relacións institucionais e xestión parlamentaria.

c) A preparación da documentación para os procesos de traspasos e da Comisión Mixta de Transferencias, así como a relativa á Comisión Bilateral.

d) A coordinación da actividade da Comisión de seguimento de disposicións normativas do Estado e doutras comunidades autónomas.

e) O apoio e asistencia á persoa titular da dirección xeral nas reunións da Xunta de Portavoces da Cámara, así como a súa substitución cando fose preciso.

f) En particular, correspóndelle recompilar das diferentes consellerías canta información e documentación precisen da Xunta de Galicia as diferentes comisións parlamentarias, así como coordinar a comparecencia en sede parlamentaria das persoas membros da Xunta de Galicia, autoridades e persoal funcionario público competentes por razón da materia obxecto de debate.

g) A tramitación das iniciativas parlamentarias que procedan dos distintos departamentos.

h) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral no seguimento das iniciativas tramitadas nas Cortes Xerais ou noutras comunidades autónomas que puidesen ter algunha relación coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral na coordinación e seguimento de actuacións en materia de liberdade relixiosa e de culto, xunto cos órganos competentes dos demais departamentos, así como a colaboración coas institucións e organizacións interesadas no seu estudo e desenvolvemento.

j) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral na coordinación de programas de cooperación en materia de memoria democrática coas comunidades autónomas, corporacións locais e outros organismos.

Artigo 29. Servizo de Seguimento Lexislativo e Acordos Parlamentarios

Baixo a dependencia directa da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, a este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A realización das tarefas que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Dirección Xeral para a información e asistencia ao Goberno galego nas súas relacións co Parlamento de Galicia.

b) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral na comunicación entre o Goberno e o Parlamento de Galicia.

c) A asistencia aos departamentos en materia de aplicación e interpretación do Regulamento do Parlamento.

d) O estudo, seguimento e a coordinación en fase parlamentaria do programa lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia, dos proxectos de lei e das proposicións de lei.

e) O seguimento dos compromisos parlamentarios adquiridos pola Xunta de Galicia en sede parlamentaria.

f) A avaliación, o informe e a asistencia ao Goberno e aos distintos departamentos da Xunta de Galicia sobre as iniciativas parlamentarias.

g) A obtención da información necesaria en relación coas solicitudes de informes ou de documentación por instancia de persoas particulares, así como o seu traslado á Cámara.

h) A remisión ao Parlamento dos escritos e comunicacións que o Goberno lle envíe á Cámara, convenios asinados con outras comunidades autónomas, proxectos de lei aprobados polo Consello da Xunta, plans, programas, comunicacións e informes do Goberno.

i) A xestión e tratamento de toda a documentación de carácter parlamentario que sexa precisa para dar cumprimento ás funcións da Dirección Xeral.

j) A elaboración e remisión da documentación administrativa para o cumprimento da actividade de control parlamentario do Goberno, en coordinación co resto das consellerías.

k) A xestión administrativa e o seguimento das actividades de control parlamentario da Xunta de Galicia; para tal efecto remitiránselles aos diversos departamentos e organismos da Administración autonómica as preguntas parlamentarias, interpelacións e mocións que teñan relación co seu ámbito competencial.

l) A xestión dun rexistro das actividades de control parlamentario do Goberno autonómico, seguindo as súas vicisitudes ata que se produza a resposta ou actuación adecuada por parte da Xunta de Galicia ante o Parlamento de Galicia.

m) O traslado ás persoas titulares dos departamentos da Xunta das convocatorias das sesións plenarias da Cámara, así como das comparecencias individuais que se establezan, ben ante o Pleno ou ante a comisión de que se trate.

n) A preparación das leis aprobadas polo Parlamento de Galicia para a súa promulgación por parte da persoa titular da Presidencia da Comunidade Autónoma.

ñ) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral no seguimento do programa lexislativo do Goberno galego.

o) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 30. Servizo de Desenvolvemento Institucional e Análise Competencial

Baixo a dependencia directa da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, a este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración de informes e documentación para os procesos de traspaso de competencias do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A asistencia á persoa titular da Dirección Xeral na súa relación coa Administración xeral do Estado ou coas administracións doutras comunidades autónomas.

c) O seguimento e coordinación das relacións entre a Administración da Comunidade Autónoma e a Administración xeral do Estado e, en particular, o seguimento dos acordos subscritos entre ambas as dúas administracións.

d) A coordinación das relacións de colaboración, información ou asistencia entre a Xunta de Galicia e o Goberno de España ou doutras comunidades autónomas.

e) A coordinación dos traballos da Comisión Mixta de Transferencias.

f) A realización de estudos e informes relacionados coas iniciativas de reforma constitucional e de reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

g) O seguimento e a realización de informes sobre as cuestións constitucionais que poidan suscitarse en relación coas distintas iniciativas parlamentarias.

h) O seguimento das decisións do Tribunal Constitucional e das xurisdicións supranacionais e internacionais que afecten o réxime constitucional español.

i) A realización de traballos e actuacións previos á subscrición de protocolos ou acordos de coordinación con outras comunidades autónomas.

j) O seguimento das relacións institucionais doutras administracións.

k) O seguimento e estudo, desde un punto de vista competencial, da produción normativa do Estado e doutras comunidades autónomas.

l) A realización de informes e propostas de inicio de procesos de conflitividade constitucional, así como o informe, por petición dos departamentos interesados, acerca da constitucionalidade dos anteproxectos ou proxectos normativos.

m) O seguimento das decisións do Tribunal Constitucional que afecten o réxime competencial das comunidades autónomas.

n) O desempeño das funcións propias da Secretaría da Comisión de seguimento de disposicións normativas do Estado e doutras comunidades autónomas.

ñ) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 31. Servizo de Coordinación

Baixo a dependencia directa da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, a este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O recoñecemento de sinaturas en documentos da Administración da Comunidade Autónoma e do sector público autonómico galego que deban producir efectos no estranxeiro, previamente á súa legalización.

b) A tramitación das legalizacións de sinaturas nos documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e do sector público autonómico galego que deban producir efectos no estranxeiro.

c) A custodia e o mantemento do Rexistro xeral de convenios da Xunta de Galicia e do sector público autonómico galego.

d) A coordinación e o seguimento dos acordos e convenios de colaboración que se poidan subscribir con outras administracións ou entidades públicas ou privadas.

e) A coordinación, tramitación e resolución das solicitudes de información pública presentadas pola cidadanía e dirixidas á Dirección Xeral no seu ámbito competencial.

f) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO VI

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Artigo 32. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, relativas ás materias de atención de emerxencias e protección civil, interior e seguridade.

2. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior:

A. En materia de emerxencias e protección civil:

A dirección e coordinación das funcións que ten atribuídas a Axencia Galega de Emerxencias nesta materia.

B. En materia de seguridade e interior:

a) O exercicio da xefatura dos servizos de seguridade baixo a superior autoridade da persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

b) A proposta e execución dos plans de seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a elaboración e proposta dos plans e proxectos de actuación, xestión e planificación operativa dos servizos policiais adscritos á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

c) A planificación, xestión e distribución dos recursos humanos e materiais destinados á seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia, e a proposta ou a resolución, se é o caso, das cuestións relativas á selección, formación e perfeccionamento do persoal adscrito aos servizos policiais da Xunta de Galicia.

d) As funcións de coordinación das policías locais que lle correspondan á Comunidade Autónoma.

e) O establecemento de mecanismos e fórmulas de cooperación coas forzas e corpos de seguridade do Estado para a coordinación e realización das competencias en materia de prevención e seguridade.

f) A elaboración de cantos informes e estudos requira e exixa o exercicio das competencias que lle corresponden á Consellería en materia de prevención e seguridade.

g) O impulso para garantir a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, dentro das actividades formativas e de perfeccionamento do persoal de seguridade, policía e bombeiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

h) A preparación dos correspondentes estudos e anteproxectos de disposicións xerais.

C. En materia de xogo e espectáculos públicos:

a) A tramitación dos expedientes administrativos en materia de casinos, xogos e apostas cuxa autorización lle corresponda a esta dirección xeral; a execución das directrices que lle sexan indicadas en relación cos distintos sectores do xogo, e a elaboración dos correspondentes estudos, informes e anteproxectos de disposicións xerais na materia, así como a recolla da información estatística das empresas correspondentes en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica.

b) A tramitación dos expedientes administrativos relativos á autorización de horarios nos termos establecidos na disposición transitoria quinta da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, así como de probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos que se desenvolvan integramente por vías situadas no ámbito territorial de Galicia, e, en xeral, todos aqueles que sexan de competencia da Dirección Xeral en materia de espectáculos públicos, así como a elaboración dos correspondentes estudos, informes e anteproxectos de disposicións xerais na materia.

3. Aqueloutras que, non estando incluídas neste artigo, lle atribúa a normativa vixente, así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 33. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación.

b) Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos.

c) Servizo de Planificación Económica e Coordinación Administrativa

Artigo 34. Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación

1. A Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación exercerá as seguintes funcións:

a) A elaboración de estudos ou propostas de políticas preventivas e proxectos sobre política de seguridade autonómica, así como os estudos e anteproxectos de disposicións xerais para a dirección e coordinación da policía autonómica, a coordinación das policías locais e a do persoal dos servizos integrados de extinción de incendios.

b) O desenvolvemento e a execución das competencias en materia de coordinación de policías locais en colaboración coas autoridades ou administracións de que dependan, de ser o caso.

c) A supervisión e o control dos servizos de seguridade tendentes a velar pola protección de persoas, edificios e dependencias da Comunidade Autónoma e dos seus entes instrumentais que se determinen, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade das persoas usuarias dos seus servizos, e a inspección das actividades sometidas á ordenación e disciplina da Comunidade Autónoma de Galicia, no que poida afectar as competencias asumidas pola unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia.

d) A planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias atribuídas por lei ás administracións locais, e o desenvolvemento de protocolos de cooperación operativa cos corpos de seguridade dependentes doutras administracións e con outras entidades e institucións públicas e privadas.

e) A elaboración de programas e propostas de formación e perfeccionamento do persoal de seguridade, policía e bombeiros, en colaboración co órgano que teña atribuída a xestión e o desenvolvemento desta formación.

f) O exercicio das directrices en materia de xestión de persoal e relacións sindicais no ámbito da policía autonómica.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Seguridade.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias atribuídas por lei ás administracións locais, así como de calquera outra figura de colaboración entre administracións, existente ou que se cree, para a xestión de emerxencias na Comunidade Autónoma.

b) A coordinación das policías locais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa lexislación vixente, así como a xestión e o control dos rexistros ou bases de datos que faciliten esta coordinación.

c) A planificación e coordinación dos programas de formación en materia de seguridade e bombeiros, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública ou coa institución que corresponda.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 35. Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos

1. A Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos exercerá as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento da xestión administrativa en materia de xogo e espectáculos públicos, a tramitación e resolucións dos expedientes administrativos referentes ás materias indicadas e que lle correspondan á Dirección Xeral, así como a execución das resolucións ditadas.

b) A elaboración dos correspondentes estudos e anteproxectos de disposicións xerais e a compilación de datos estatísticos e demais información regulamentaria nas materias de xogo e espectáculos públicos.

c) A coordinación das distintas unidades que teñan atribuídas funcións en materia de xogo e espectáculos públicos.

2. Para o exercicio de tales funcións, contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xogo.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes administrativos en materia de casinos, xogos e apostas cuxa autorización corresponda a esta dirección xeral.

b) A execución das directrices que lle sexan indicadas para a xestión dos asuntos e expedientes administrativos relacionados cos distintos sectores do xogo.

c) A preparación dos informes ou estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos de disposicións xerais en materia de xogo, así como a recolla da información estatística das empresas correspondentes.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes administrativos de probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos que se desenvolvan integramente por vías situadas no ámbito territorial de Galicia e cuxa autorización lle corresponda a esta dirección xeral.

b) A tramitación dos expedientes administrativos relativos á autorización de horarios nos termos establecidos na disposición transitoria quinta da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

c) A xestión administrativa e a tramitación dos demais expedientes en materia de espectáculos públicos das materias competencia desta dirección xeral.

d) A realización dos informes e estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos das disposicións xerais das materias propias da Dirección Xeral.

e) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 36. Servizo de Planificación Económica e Coordinación Administrativa

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente á Dirección Xeral, así como a súa execución, control, seguimento e avaliación.

b) O apoio á Dirección na adopción de medidas de carácter económico que, como consecuencia da produción de situacións de emerxencia ou catástrofe, houbese que adoptar.

c) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral e o impulso e a execución de convenios, así como a proposición, xestión e control da concesión de axudas e subvencións en materia de interior.

d) A planificación e a xestión dos recursos dependentes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

e) O seguimento, protección e control dos datos económicos referentes ao persoal funcionario de policía adscrito á Xunta de Galicia.

f) A execución, seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza ou proxectos de ámbito local, autonómico, estatal en que participe a dirección xeral en materia de interior, así como a elaboración de propostas de actuación neste sentido.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO VII

Da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Artigo 37. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea configúrase como o órgano superior da Administración autonómica de apoio, asistencia e asesoramento á persoa titular da Presidencia en todas as actuacións sobre relacións coa Unión Europea, acción exterior, análise da contorna internacional e cooperación ao desenvolvemento.

2. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea:

a) A execución da actividade europea e da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais que lle correspondan a cada departamento.

b) A cooperación institucional e técnica en relación co proceso de integración europea, especialmente naquelas materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais, e nas organizacións rexionais europeas non comunitarias.

c) A coordinación entre os departamentos da Xunta de Galicia para os asuntos relacionados coa Unión Europea e coa acción e cooperación exteriores.

d) A elaboración dos plans e estratexias no marco da Unión Europea, da acción exterior e da cooperación ao desenvolvemento, nos cales se determinarán as prioridades xeográficas e sectoriais de actuación da Xunta de Galicia.

e) A representación da Comunidade Autónoma nos órganos que existan entre a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, sobre acción exterior e cooperación ao desenvolvemento, sen prexuízo das competencias doutros órganos autonómicos.

f) A promoción das relacións de cooperación con entidades e institucións non estatais ou subestatais estranxeiras, fomentando especialmente a dimensión de xénero en todas elas, sen prexuízo das funcións doutros departamentos ou centros directivos.

g) A elaboración das propostas de desenvolvemento normativo nas materias da súa competencia.

h) O fomento da imaxe integral de Galicia no exterior.

i) O seguimento das actuacións da Fundación Galicia Europa.

j) A tramitación das notificacións oficiais de axudas públicas e das correspondentes ás actuacións inherentes ás queixas e infraccións comunitarias en que o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación ou a Comisión Europea requiran un único centro de notificación e de interlocución.

k) O desempeño das tarefas inherentes á súa condición de organismo intermedio para a xestión dos fondos comunitarios destinados á cooperación transfronteiriza, de conformidade co establecido nos regulamentos comunitarios, nas disposicións de aplicación do programa operativo e no acordo que se subscriba coa autoridade de xestión.

l) A canalización da información que se xere no ámbito da Unión Europea e que sexa de interese para as distintas consellerías e órganos superiores da Xunta de Galicia, para as entidades integrantes do sector público autonómico e para a sociedade galega en xeral.

m) A implementación e supervisión da execución da Estratexia galega de acción exterior (Egaex), así como a prospección do contorno exterior para propor a súa revisión puntual ou actualización integral, sen prexuízo das competencias que lle correspondan a outros centros directivos.

n) Impulsar a aplicación transversal do principio de igualdade de xénero no exercicio das competencias en materia de acción exterior, análise da contorna internacional e cooperación ao desenvolvemento.

ñ) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 38. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea.

b) Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.

c) Subdirección Xeral de Análise e Programación.

d) Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza.

e) Servizo de Xestión Económica, Administrativa e de Inspección e Control.

Artigo 39. Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea

1. A Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso, a tramitación e coordinación das actuacións que se desenvolvan no ámbito da Unión Europea, tanto no que se refire á presenza directa da Xunta de Galicia nos órganos comunitarios como á participación da Comunidade Autónoma nos asuntos europeos, en colaboración coa Administración xeral do Estado.

b) O fomento da cooperación entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia nos asuntos comunitarios europeos.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Asuntos Comunitarios.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O seguimento das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia dentro do marco dos organismos comunitarios e, en especial, no que se refire á participación do Comité das Rexións.

b) O impulso da participación autonómica nos comités ou grupos de traballo das institucións comunitarias.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 40. Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

1. A Subdirección Xeral de Cooperación Exterior exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso da acción de cooperación ao desenvolvemento de conformidade coas prioridades xeográficas e sectoriais de actuación da Xunta de Galicia, e a intervención na determinación dos procedementos económicos e administrativos na materia.

b) A coordinación e o seguimento da política autonómica en materia de cooperación ao desenvolvemento prevista na Lei 3/2003, do 19 de xuño, así como a avaliación da calidade e eficacia alcanzada no exercicio da referida política de cooperación.

c) O fomento da cooperación ao desenvolvemento entre os diferentes axentes de cooperación galegos, promovendo a súa participación a través do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

d) A planificación, coordinación e o seguimento das actuacións en materia de acción humanitaria.

e) O impulso da formación en igualdade e perspectiva de xénero nas actividades formativas relativas á cooperación ao desenvolvemento e á cooperación internacional da Xunta de Galicia.

f) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración, coordinación, o seguimento e control dos programas de axudas e subvencións con aquelas entidades partícipes da materia de cooperación ao desenvolvemento, así como a tramitación dos procedementos das axudas, subvencións e convenios na referida materia.

b) A garantía do cumprimento das obrigas que deriven de acordos subscritos con organismos, entidades ou axencias.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio á Subdirección Xeral na preparación dos asuntos ordinarios e de trámite que teñan lugar no seo da cooperación exterior autonómica.

b) A colaboración, o asesoramento e a organización de actividades formativas relativas á materia de cooperación ao desenvolvemento ou de cooperación internacional da Xunta de Galicia.

c) A elaboración dos informes dos programas, a avaliación dos seus resultados e, se for o caso, as propostas das melloras das intervencións en relación coas iniciativas desenvolvidas desde a Comunidade Autónoma e outras áreas de intervención.

d) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 41. Subdirección Xeral de Análise e Programación

1. A Subdirección Xeral de Análise e Programación exercerá as seguintes funcións:

a) A realización de análises e informes sobre a conxuntura económica e política das áreas xeográficas determinadas polas directrices de acción exterior, preparando os documentos e propostas que se lle requiran para unha calibrada adopción de decisións por parte dos departamentos sectoriais. Con este fin tomará en consideración os índices económicos máis relevantes e a súa repercusión en Galicia.

b) O seguimento do proceso de programación da acción exterior, de conformidade coas pautas marcadas polo centro directivo, preparando os anteproxectos e proxectos con entidades subestatais que se lle encomenden, tendo en conta as achegas das restantes unidades e doutros centros directivos da Administración autonómica.

c) A posta en marcha dos mecanismos de apoio precisos para conseguir a compatibilización entre as políticas públicas autonómicas e as políticas sectoriais comunitarias.

d) A execución das restantes tarefas de coordinación, tramitación e apoio que lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral en relación coas funcións anteriormente descritas.

e) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Análise e Programación contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Estudos e Coordinación.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A realización dos estudos preliminares, materiais e o acceso a fontes que posibiliten as correctas análises e informes que se citan na alínea a) do número precedente.

b) O auxilio ás restantes unidades da Dirección Xeral en tarefas instrutoras e de réxime interior que teñan atribuídas segundo a vixente estrutura orgánica, complementando as súas funcións no que for preciso.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 42. Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza

1. A Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza exercerá as seguintes funcións:

a) A proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades administrativas.

b) A cooperación institucional e técnica, apoiando as actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas organizacións rexionais europeas non comunitarias.

c) A dirección da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

d) A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da consellería competente en materia de facenda nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación do Programa de cooperación transfronteiriza.

e) O seguimento, a avaliación e modificación do Programa de cooperación transfronteiriza.

f) A asistencia á Dirección Xeral na súa participación nos comités de Seguimento, de Xestión e no Comité Territorial na área de cooperación do seu ámbito.

g) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Coordinación da Cooperación Territorial.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O impulso da coordinación institucional, en colaboración coa Rexión Norte portuguesa, da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.

b) A coordinación da xestión do Programa de cooperación transfronteiriza no seu ámbito territorial desde o punto de vista técnico-xurídico.

c) A valoración das candidaturas de proxectos presentadas de acordo coas prioridades rexionais.

d) O asesoramento técnico-administrativo ás persoas beneficiarias e acompañamento na execución dos seus proxectos.

e) O seguimento e a coordinación dos plans e proxectos que se determinen no marco das relacións exteriores.

f) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Xestión e Seguimento do Programa de Cooperación Transfronteiriza.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión económica e orzamentaria do Programa de cooperación transfronteiriza no seu ámbito territorial.

b) O seguimento da xestión do programa, a través do circuíto financeiro da aplicación informática deste.

c) O asesoramento técnico-financeiro ás persoas beneficiarias dos proxectos.

d) O estudo das solicitudes de modificacións substanciais e non substanciais dos proxectos e a participación na elaboración dos informes de execución, xunto co Servizo de Coordinación da Cooperación Territorial.

e) A subministración ás persoas beneficiarias das orientacións adecuadas para a execución e posta en marcha dos procedementos de xestión necesarios para o bo uso dos fondos.

f) O impulso da corrección das irregularidades e incidencias observadas nos informes de control emitidos por órganos nacionais e/ou comunitarios e o informe á autoridade de xestión dos resultados da corrección.

g) O seguimento dos reembolsos correspondentes a este programa.

h) Aqueloutras que lle sexan asignadas

Artigo 43. Servizo de Xestión Económica, Administrativa e de Inspección e Control

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración do borrador do anteproxecto do orzamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

b) A xestión económica e administrativa, así como o seguimento e control da execución dos distintos programas orzamentarios de gasto da Dirección Xeral, sen menoscabo das atribucións expresas a outros órganos e unidades administrativas.

c) A coordinación e o seguimento da xestión da Fundación Galicia Europa.

d) A coordinación e o control das auditorías desenvolvidas e as peticións de información realizadas por institucións comunitarias, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou por outros órganos de control.

e) A realización das verificacións administrativas de todos os gastos presentados polas persoas beneficiarias, así como as verificacións sobre o terreo, exixidas nos regulamentos comunitarios, nos termos que se establezan nas respectivas descricións de sistemas de xestión e control do programa operativo.

f) O establecemento dos procedementos que garantan unha pista de auditoría apropiada.

g) A elaboración e coordinación do Plan anual de comprobacións relativas ao mantemento das operacións cofinanciadas polo Programa operativo transfronteirizo, nas condicións e prazos exixidos nos regulamentos comunitarios.

h) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

TÍTULO IV

Das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Artigo 44. Xefatura Territorial da Coruña

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará un xefe ou unha xefa territorial, que substituirá a persoa titular da Secretaría Territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a súa abstención ou recusación, e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención á cidadanía.

d) O servizo médico.

e) As relacións coas servizos postais e valixa.

f) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

g) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

h) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribución de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

i) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

j) A xestión de persoal e habilitación de gastos do persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

k) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

l) A tramitación e xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

m) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

n) A administración dos edificios, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da consellería competente en materia de facenda.

ñ) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo á Xefatura Territorial da Coruña, no ámbito competencial da Consellería.

2.2. Servizo de Xustiza.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza e sobre asistencia xurídica gratuíta, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

2.3. Servizo de Administración Local e Interior.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de Administración local e interior, así como aqueloutras que se lle asignen.

2.4. Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas.

Desenvolverá, no seu ámbito territorial, todas as funcións do Servizo de Obras e Proxectos e do Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas en coordinación con eles.

3. Ademais, a Xefatura Territorial da Coruña contará:

3.1. Cunha oficina coordinadora en Ferrol, que prestará funcións de apoio técnico e administrativo aos servizos e unidades existentes na zona, baixo as directrices da persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Artigo 45. Xefatura Territorial de Lugo

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará un xefe ou unha xefa territorial, que substituirá a persoa titular da Secretaría Territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a súa abstención ou recusación, e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención á cidadanía.

d) O servizo médico.

e) As relacións cos servizos postais e valixa.

f) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

g) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

h) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribución de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

i) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

j) A xestión de persoal e habilitación de gastos do persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

k) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

l) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

m) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

n) A administración dos edificios, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da consellería competente en materia de facenda.

ñ) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo, así como en materia de interior, á Xefatura Territorial de Lugo, no ámbito competencial da Consellería. Ademais, colaborará e prestará o apoio que se lle requira desde a Xefatura Territorial respecto da función de administración de edificios que se lle atribúen á persoa titular da xefatura territorial.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza, sobre asistencia xurídica gratuíta e en materia de Administración local, así como aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais.

Artigo 46. Xefatura Territorial de Ourense

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará un xefe ou unha xefa territorial, que substituirá a persoa titular da secretaría territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a súa abstención ou recusación, e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención á cidadanía.

d) O servizo médico.

e) As relacións cos servizos postais e valixa.

f) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

g) A dirección, o despacho e a resolución dos asuntos ordinarios.

h) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribución de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

i) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

j) A xestión de persoal e habilitación de gastos do persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

k) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

l) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

m) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

n) A administración dos edificios, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.

ñ) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo, así como en materia de interior, á Xefatura Territorial de Ourense, no ámbito competencial da Consellería. Ademais, colaborará e prestará o apoio que se lle requira desde a Xefatura Territorial respecto da función de administración de edificios que se lle atribúen á persoa titular da xefatura territorial.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza, sobre asistencia xurídica gratuíta e en materia de Administración local, así como aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais.

Artigo 47. Xefatura Territorial de Pontevedra

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará un xefe ou unha xefa territorial, que substituirá a persoa titular da Secretaría Territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a súa abstención ou recusación, e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención á cidadanía.

d) O servizo médico.

e) As relacións cos servizos postais e valixa.

f) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

g) A dirección, o despacho e a resolución dos asuntos ordinarios.

h) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribución de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

i) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

j) A xestión de persoal e habilitación de gastos do persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

k) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

l) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

m) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

n) A administración dos edificios, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da consellería competente en materia de facenda.

ñ) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo, así como en materia de interior, á Xefatura Territorial de Pontevedra, no ámbito competencial da Consellería.

Así mesmo, apoiará a persoa titular da Xefatura Territorial nas funcións relativas ao Rexistro da Xunta de Galicia e en materia de información e atención á cidadanía no ámbito territorial da Delegación Territorial de Pontevedra e, así mesmo, apoiará a persoa titular da Xefatura Territorial na coordinación dos servizos e unidades da Consellería en Pontevedra con respecto aos existentes na Consellería en Vigo.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de xustiza e Administración local, sen prexuízo do disposto no artigo 49.1.2, así como aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais.

2.3. Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas.

Desenvolverá, no seu ámbito territorial, todas as funcións do Servizo de Obras e Proxectos e do Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas en coordinación con eles.

Artigo 48. Delegación Territorial de Vigo

1. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo contará para o exercicio das súas competencias, no ámbito da Delegación Territorial de Vigo, cos seguintes servizos:

1.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo á persoa titular da Secretaría Territorial de Vigo, no ámbito competencial da Consellería.

Exercerá as competencias que lle sexan encomendadas pola Xefatura Territorial no ámbito territorial de Vigo, en particular as relativas á coordinación dos servizos, administración de edificios, réxime interno, recursos humanos e xestión económico-administrativa, e cantas outras así o acorde a persoa titular da Xefatura Territorial en materia de xestión técnico-administrativa.

Así mesmo, apoiará o/a secretario/a territorial na coordinación dos servizos e unidades da Consellería en Vigo con respecto aos existentes na Xefatura Territorial da Consellería en Pontevedra.

1.2. Servizo de Xustiza.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre organización e xestión de medios persoais e materiais da Administración de xustiza e sobre asistencia xurídica gratuíta, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

Artigo 49. Ámbito territorial

As diferentes xefaturas territoriais da Consellería desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira. Integración na Axencia Galega de Emerxencias da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil e dos servizos de Emerxencias das xefaturas territoriais regulados no Decreto 74/2018, do 5 de xullo

Un. A subdirección xeral de Planificación e Protección Civil e os servizos de Emerxencias das xefaturas territoriais integraranse na Axencia Galega de Emerxencias.

Dous. Os estatutos da Axencia Galega de Emerxencias adaptaranse no prazo máximo de tres meses desde a publicación deste decreto.

Tres. Mentres non se adapten os estatutos da Axencia Galega de Emerxencias á Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Subdirección Xeral e os servizos de Emerxencias das xefaturas territoriais continuarán desempeñando as súas funcións baixo a dependencia da persoa titular da Vicepresidencia da Axencia Galega de Emerxencias.

Disposición adicional segunda. Desconcentración de competencias

1. Quedan desconcentradas na persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral as seguintes competencias:

a) A administración dos créditos para gastos dos orzamentos do seu centro directivo, a aprobación e o compromiso dos gastos que non sexan da competencia do Consello da Xunta, o recoñecemento das obrigacións económicas e a proposta do seu pagamento, e as demais competencias atribuídas ás persoas titulares das consellerías en materia orzamentaria, excepto o capítulo I.

b) Todas as facultades que a normativa vixente na materia lles atribúe aos órganos de contratación.

c) A formalización de convenios de colaboración no correspondente ámbito competencial corresponderalle ao titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, agás os convenios que se subscriban coas entidades instrumentais do sector público autonómico para o asesoramento xurídico e a representación e defensa en xuízo aos cales se refire o artigo 1 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, que serán formalizados pola persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

d) A designación de comisións de servizos con dereito a indemnización, prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de todo o persoal da respectiva secretaría xeral.

e) Sen prexuízo do anteriormente exposto, os xefes e as xefas territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo poderán autorizar gastos e pagamentos respecto dos créditos que sexan desconcentrados para o desenvolvemento de determinadas actividades respecto dos órganos indicados nesta disposición.

2. As resolucións administrativas ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, no ámbito das súas respectivas competencias, poñen fin á vía administrativa.

Disposición adicional terceira. Orde de prelación en caso de vacante, ausencia, enfermidade, abstención ou recusación

a) No suposto de vacante, ausencia ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a abstención ou recusación da persoa titular da Asesoría Xurídica Xeral, observarase o disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

b) No non previsto neste decreto, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a abstención ou recusación dos titulares dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e, na súa falta, polos órganos superiores e de dirección da Consellería, seguindo a orde de prelación que se establece no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Neste sentido, a suplencia será asumida pola persoa titular do órgano que ocupe o posto seguinte na orde correlativa enunciada, correspondéndolle á primeira, se for o caso, substituír a última.

Disposición adicional cuarta. Remisión de competencias

As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo non previstas neste decreto enténdense atribuídas ás persoas titulares das xefaturas territoriais desta consellería.

Disposición adicional quinta. Integración da igualdade

No exercicio das funcións a que se refire o presente decreto, integrarase de maneira activa a dimensión de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes.

Disposición adicional sexta. Presenza equilibrada de mulleres e homes

Nos nomeamentos de altos cargos da Consellería, así como das persoas titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector público autonómico no seu ámbito de competencias, atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

Disposición transitoria primeira. Modificación de unidades administrativas

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto. No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda. Adscrición de postos

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo, correspondentes aos servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución da persoa titular da Consellería, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición transitoria terceira. Servizos comúns

Os servizos comúns da Administración autonómica continuarán exercendo, en relación coa Axencia Galega de Emerxencias, as competencias que teñan atribuídas respecto á Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil e aos servizos de Emerxencias das xefaturas territoriais ata que aquela dispoña dos servizos propios necesarios para alcanzar a súa autonomía.

Disposición transitoria cuarta. Gabinete Xurídico Territorial de Vigo

Mentres non se poña en funcionamento o Gabinete Xurídico Territorial de Vigo, as funcións establecidas no artigo 14.3º do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, serán desempeñadas polo Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra.

Disposición derrogatoria. Derrogación normativa

Queda derrogado o Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao establecido neste decreto ou o contradigan.

Disposición derradeira primeira. Autorización para o desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para ditar as disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo