Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no xuízo ordinario 409/2019 seguido por instancia da Comunidad de Propietarios Residencial R-7.3 ditouse sentenza con data do 12 de marzo de 2020 que non puido ser notificada á parte demandada Sorripan, S.L., por estar en paradoiro descoñecido.
A dita resolución procesual atópase na oficina xudicial deste órgano onde a demandada poderá ter coñecemento íntegro do acto.
Expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en cumprimento do artigo 497 da Lei de axuizamento civil.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020
O letrado da Administración de xustiza