Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49779

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria do proceso selectivo, convócase para a realización do cuarto exercicio a Ana María Asende Ogando, con DNI ***1524**, que non acreditou no prazo posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da orde de convocatoria, o cuarto exercicio da oposición terá lugar o 22 de decembro de 2020, en chamamento único, que se iniciará ás 16.00 horas, na sala E da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (edificio da Pirámide, San Caetano, s/n), en Santiago de Compostela.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal