Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á baixa por sentenza xudicial firme da Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (Agestic) na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

En cumprimento do disposto no artigo 3.c) do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se procedeu á baixa por sentenza xudicial firme da Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (Agestic).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais