Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de decembro de 2020 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Gonzalo Antonio González Brochado para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/63/2019-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dunha caseta de obra, cunha barra de bar apoiada sobre o terreo, sobre a parcela tamén están dispostas mesas e cadeiras, nas inmediacións do cemiterio, no termo municipal de Esgos, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística