Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49863

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 11 de decembro do 2020 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2020/09 e REF.PER.-2020/10, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia nº 4, 32900, San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 11 de decembro do 2020

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne