Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 890/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pilar Beiro Pérez e Águeda Romero Rodríguez contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Manuel Fragoso Gómez, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 890/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Manuel Fragoso Gómez, en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 29.1.2021, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1 do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo; pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ás demandantes, poidan estar estas representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Manuel Fragoso Gómez, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza