Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Embutidos Lalinenses, SAT nº 884, cancelada por transformación da entidade nunha sociedade limitada, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de xuño de 2020, celebrada ante notario.

b) Decor-As Guímaras, SAT nº 963, cancelada por transformación da entidade en Decor Guímaras, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 16 de xullo de 2020.

c) Espiñeira-Gutiérrez, SAT nº 793 Xuga, cancelada por transformación da entidade nunha sociedade limitada, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 8 de maio de 2020.

d) Corcoesto, SAT nº 1194 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 16 de xuño de 2020.

e) O Conde, SAT nº 1289 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Granxa O Conde, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 26 de outubro de 2020.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias